#Feminino #Fútbol afeccionado

As guerreiras da fin de semana

Ao igual que o xoves pasado, hoxe é o turno de destacar as nosas mulleres, aquelas que cada fin de semana deixan moi arriba o listón do fútbol feminino lucense.

Comezamos polo equipo referencia, o Peluquería Mixta Friol-CD Lugo. As da Reigosa debutaban na casa ante un rival sempre duro, como é o CD Montes. Porén, Lucía Pardo cun gol e unha asistencia, Noelia con outro tanto e a férrea defensa das centrais Mirón e Goretti levaron ás nosas á unha importante victoria por 3-1.

Pola súa banda, a SCD Milagrosa non conseguiu puntuar na casa ante a UD Mos, que se levou o choque por un claro 0-4. Destacou, aínda así, o esforzo e o compromiso de todas as rapazas que, como xa diciamos o xoves pasado, caracterízanse pola súa curta idade.

 



Na mesma liga compite a SD Antas, que conseguiu un importantísimo punto lonxe do seu feudo, empatando a un gol co Alertanavia. As da Ulloa souberon recomponerse dun gol local para asinar o empate no minuto 80 por medio de Nuria Louzao.

Xa na Segunda Galicia, o PM Friol-CD Lugo «B» venceu por 10-1 ao Sporting Burgo, destacando xogadoras como Vero Loureiro, autora dun «hattrick», e María Valcárcel, que sumou nada menos que seis goles á súa conta particular. Non correu a mesma sorte o Carballedo FC, que perdeu por un abultado 1-15 ante o Orzán «B». Porén, cómpre destacar que este equipo é de recente formación é o obxectivo deste ano non é máis que popularizar o fútbol feminino no sur da provincia e, pouco a pouco, ir medrando como clube e conxunto.

Tamén nesta liga compite a SD Chantada, que arañou un meritorio punto na casa do Portazgo, gracias a un gol de Natalia e outro de Iria, producíndose este último cando o árbitro estaba a piques de asinar o final do encontro.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *