Daniel Suárez Vázquez, «Catanha» é una persoa máis que coñecida no Sangoñedo, en Chantada. Aos seus 46 anos, leva moito máis da metade da súa vida traballando neste campo. Ama o fútbol, ama a súa vila -Chantada- e o seu amor é ben correspondido polos xogadores e directivos dos dous clubes da vila, Chantada Atlético e SD Chantada. Para demostrar este afecto, as directivas destes equipos decidiron facerlle una homenaxe a este gran home! Desde Futbolinlugo, queremos dar a coñecer un pouco máis de quen é este Catanha e dignificar a súa gran labor. Falamos con Dani:
Pregunta: Cal é a túa función no Sangoñedo?
Resposta: A miña principal función é axudar aos equipos da vila. Colaboro con eles entregando o material aos equipos visitantes, reparto auga aos distintos conxuntos e aos árbitros, recollo os balóns que marchan fóra do campo… Fago un pouco de todo.
P: En que consistiu a homenaxe que che fixeron os dous clubes da vila esta fin de semana?



R: Agasalláronme cunha sudadera cos dous escudos e permitiron que fixera o saque de honor no derbi chantadino (Chantada B-Chantada Atético). A verdade é que esta homenaxe foi moi inesperada. Foi unha gran sorpresa por parte dos dous clubes da vila e levei una enorme alegría.

P: Que significa para ti o fútbol?