Piru, San Roque: «As vindeiras xornadas van ser determinantes»

O San Roque está a revivir no barrio de Montirón. Logo de quedar conveniado coas EF Polvorín, o club verdibranco loita por voltar á Primeira Futgal, categoría onde agarda consolidarse nos vindeiros anos. O proxecto comezado uns anos atrás deu un salto este curso da man de Rubén Sanjurjo ‘Piru’, que asumiu o mando pleno […]

Diario dun mercado. Episodio 392

Comezamos con novidades no Monterroso, que acadou a renovación de Marcos Burgo. No Pol xogará Juan Rivero, antigo gardameta de fútbol sala, que cambia a pista polo céspede, onde actuará como xogador de campo. Iñaki Vilariño troca de ubicación futbolística na comarca da Ulloa. O xogador deixa o filial da SD Monterroso e xogará no […]

Diario dun mercado. Episodio 389

Comezamos este novo episodio falando de fútbol feminino. O Peluquería Mixta Friol acadou a renovación da xogadora venezolana Yoleidis Lizcano. A Comercial incorpora a María, Marga e Cris, mentres que no San Lázaro renovan as defensas Lourdes e Lucía Devesa. O Monteforte renova a Carla Vázquez. O Monterroso anunciou a continuidade de Omar Gómez como […]

Diario dun mercado. Episodio 11

A vindeira temporada o fútbol da provincia volverá contar só cun representante na Terceira, o Racing Vilalbés. O equipo da capital da Terra Chá comeza a planificar o novo curso e anunciou a renovación do adestrador Óscar Gilsanz que cumprirá a súa cuarta temporada no banco da Madalena. Gilsanz vén de facer a mellor campaña desde que […]

«Voume coa conciencia tranquila e coa cabeza moi alta», Piru ex-adestrador do San Roque

No mundo do fútbol xa se sabe que as sorpresas poden chegar en calquera momento. Hai algo máis dun mes polo barrio da capital lucense de San Roque celebraban un ascenso histórico a Primeira Galicia con Rubén Sanjurjo, «Piru» como guía dun cadro de xogadores comprometido. Despois de dous ascensos en tres anos o club […]

Dous ascensos en tres anos

Hai un club na cidade de Lugo que non para de medrar. O SDC San Roque acaba de conseguir un histórico ascenso á Primeira Galicia e faino sendo o campión da Segunda grupo sur, a falta dunha xornada para rematala competición. O conxunto verdiblanco poderá desfrutar dunha derradeira xornada tranquila á marxe dos seus rivais que aínda […]