Aquí estamos un venres máis co mellor menú da fin de semana. No fútbol afeccionado, temos platos fortes en todas as categorías. O sábado podedes disfrutar dun gran derbi chantadino no Sangoñedo. Iso sí, este ano será en Segunda. Á mesma hora, duelo de rivalidade no Campo da Cea, entre Cabreiros e Roupar.

O domingo será o turno do derbi da Preferente entre Atlético Escairón e Residencia. Así coma un duelo de históricos na Primeira, entre Lemos e Sarriana. Ademais, disfrutaremos dun dos choques estelares na estrea da Terceira Galicia: o derbi entre Lajosa e Corgo.

No mundo do fútbol base, o sábado o EF Polvorín debuta na Liga Gallega infantil nun espectacular derbi ante o Lugo. Pola tarde, fará o propio na Liga Gallega xuvenil o Racing Villalbés B ante o Unión. O domingo, contamos con dous debuts incribles. O derbi cadete entre Racing Villalbés e Lugo B e o Lugo A-Celta da División de Honra cadete.

 

SÁBADO

12.00 horas. EF Polvorín A-Lugo. O Polvorín. Liga Gallega infantil

17.00 horas. Chantada Atlético-Chantada B. O Sangoñedo. Segunda Galicia

17.00 horas. Cabreiros-Roupar. Da Cea. Segunda Galicia

18.00 horas. Racing Villalbés B-Unión. Estadio Roca. Liga Gallega xuvenil

 

DOMINGO

11.30 Racing Villalbés-Lugo B. A Magdalena. Liga Gallega cadete

12.00 horas. Lugo-Celta. Municipal Rodríguez Lago 1. División Honra cadete

17.00 horas. Lajosa-Corgo. Municipal de Lajosa. Terceira Galicia

17.30 horas. Lemos-Sarriana. A Pinguela. Primeira Galicia

19.00 horas. Atlético Escairón-Residencia. O Saviñao. Preferente Norte

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*