#Sin categoría

O Sanci consegue o ascenso e ao Antas pónselle de cara

Foto de portada: CD San Ciprián

A Segunda Rexional chegou ao seu final na zona norte. O Sanci logrou subir de categoría tras cumprir no seu partido ante o Muimenta. Varios equipos quedan pendentes dos arrastres. Na zona sur, a clasificación virou esta xornada. O Antas depende de si mesmo para ascender, o Becerreá esperará o erro dos da Ulloa e a Mila xa quedou sen opcións. Contámolo nunha nova entrega dos #OncesFutbolinlugo.

Rematou a fase de ascenso da zona norte coa subida á Primeira Rexional do Sanci. O conxunto preparado por Jaime Méndez dependía de si mesmo e non fallou na Veiga ante o Muimenta. O traballo colectivo fixo que os locais conseguisen adiantarse xa antes do descanso para afrontar a segunda metade con máis tranquilidade.

Deste xeito, o Sanci recupera a categoría perdida en 2019. Tentara volver ao ano seguinte, pero o parón pola covid non o beneficiou. Naquel momento estaba igualado coa praza de ascenso pero a Federación decidira que o merecedor desa praza era o Pontenova. Agora volven logo de lograr cinco triunfos e dous empates en oitro partidos na 2ª fase.



Nunha meritoria segunda posición rematou a Candelaria que exprimiu as súas opcións de chegar ao primeiro posto ata o último momento. Cumpriu no seu encontro ante o Meira onde reafirmou a súa condición de equipo revelación neste curso na zona norte.

O Meira rematou na terceira praza, a seis puntos do líder. Empatado a puntos (nesta fase) quedou de cuarto o Cospeito que derrotou ao Cabreiros no último partido de liga. O cadro xermadino quedou un posto máis abaixo, de .

A primeira vitoria desta fase para o Guitiriz chegou no último encontro e os tres puntos provocaron que o conxunto guitiricense escalase posicións para finalizar sexto, por diante do Celta Barreiros (o seu rival na última xornada) e do Muimenta.



Finalizou tamén a fase de permanencia na zona norte da provincia. Co descenso xa confirmado do Mondoñedo, equipos como o Abadín, o Matela ou a Fonsagrada quedan pendentes dos posibles arrastres. Este venres detallarémolos cunha información especial sobre os posibles descensos de categoría.

O Iberia foi o campión deste grupo de permanencia. Quedou ás portas de entrar na fase de ascenso e demostrou ser o mellor neste tramo do campionato. Sete vitorias e un empate falan por si sós do papel dos xogadores adestrados por José Manuel. No último encontro venceron pola mínima ao Abadín.

Tan só un partido foi o que perdeu o Xermade na 2ª fase. Demostrou estar nun gran momento e culminou o seu bo estado de forma cunha vitoria ante a Fonsagrada.

Pola súa banda, o Roupar quixo evitar problemas e logrou un triunfo pola mínima de suma importancia ante o Goiriz para evitar estar pendentes dos arrastres ao deixar a catro equipos por abaixo.



O Mondoñedo quixo despedirse da categoría con vitoria e así o fixo. Conseguiu os primeiros tres puntos da 2ª fase ante un Matela que terá que estar pendente dos arrastres.

Na fase de ascenso da zona sur a clasificación cambiou de repente na penúltima xornada. O ata agora líder Becerreá empatou na súa saída a Pantón. Os pupilos preparados por Antón Méndez puxéronse cun 0-2 ao seu favor pero na segundo foi avanzando a segunda metade o Ferreira conseguiu igualar o duelo. O cadro da Montaña terá que gañar o seu partido e agardar un fallo do antos.

Esta situación aproveitouna de boa gana o Antas que venceu na Carqueixa ao Río Sil e agora depende de si mesmo para ascender. Os visitantes puxéronse por diante rápido con goles de Besteiro e Álex Diéguez. O monterrosino conseguiría o terceiro no segundo tempo. Os locais marcaron o gol da honra na recta final do econtro. Melendo continúa como o porteiro menos batido do grupo.

Sen opcións de ascenso quedou a Milagrosa. Caeu con contundencia no resultado ante o Oural. No partido sen grandes cousas en xogo, o Chantada B e o Paradela empataron.

No grupo de permanencia que queda en xogo falta unha xornada para rematar a liga. O Quiroga e o Santa Comba perderon os seus partidos e xogaranse nesta finde a praza de descenso directo. Non obstante, a salvación está complicado para o outro conxunto por mor dos arrastres.

O Brollón é quen lidera a clasificación neste grupo logo de vencer al Quiroga. E será primeiro porque o Sporting Lucense ten un punto menos pero descansa na última xornada. O equipo de Lolo derrotou pola mínima ao Santa Comba. O Páramo está na metade da táboa con quince puntos.

O Sanci consegue o ascenso e ao Antas pónselle de cara

O Antas cae a zona de descenso

O Sanci consegue o ascenso e ao Antas pónselle de cara

Diario dun mercado. Episodio 265

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *