#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

O Nausti dá a sorpresa na 1ª rolda da Copa

O Día das Letras Galegas foi xornada de Copa na provincia. Aínda que había algunha eliminatoria xa xogada, foi cando se disputou a maioría dos enfrontamentos da 1ª rolda. Varios equipos estaban exentos e xa pasaron directamente aos dezasesisavos de final que se xogan esta finde. Chegan os #OncesFutbolinlugo da Copa de 2ª+3ª con protagonismo para o Nausti.

A priori, podía parecer unha das eliminatorias máis desequilibradas. O Nausti experimentou un notable crecemento nesta temporada que foi visible nos partidos e tamén nos seus resultados. Aínda así, xoga na 3ª e o Meira foi un dos candidatos á ascender á Primeira ata o final.

Non obstante, os locais saíron a por todas e adiantáronse no primeiro cuarto de hora. Conseguiron marcar o segundo e, a pesar de que o cadro meirego chegou a emptar, a vitoria caeu do lado do equipo da parroquia de Noche nos últimos intres. Brayan foi o guía do equipo dende o centro do campo.

Outro dos equipos da 3ª que triunfou foi o Friol B. A pesar de non conseguir uns bos resultados no campionato regular, impúxose con moita claridade a un Goiriz que agarda manterse en Segunda. O rival do cadro friolés en 1/16 é o Cospeito que superou ao Muimenta pola mínima no derbi. Dúas vitorias para o Cospeito na Fonte e unha para o Muimenta no Pichón son os resultados cos que remataron os duelos do concello nesta campaña.



Outro derbi tamén se xogou no concello de Xermade entre o Xermade e o Cabreiros. Houbo que ir á quenda de penaltis para decidir gañador e aí luciuse Nesi. O porteiro do Cabreiros parou dous e a piques estivo de parar outro.

Tamén se resolveu por medio dos penaltis a eliminatoria entre o Fonsagrada e o recén ascendido á Primeira, Sanci. O cadro fonsagradino conseguiu igualar o encontro e foi superou nas penas máximas. Jorge foi o protagonista final detendo ata tres penaltis e permitindo aos seus pasar de rolda.

O Celta Barreiros venceu a súa eliminatoria ante o Abadín no día no que Pedro Incera se despediu do Cascabeiro. O gardamallas colgou as luvas mantendo a portería a cero. Tamén se clasificou o Guitiriz ante a non comparecencia do Matela para xogar. Anteriormente xa se xogara o duelo entre o Cazás e o Celeiro no que o conxunto viveirense pasou grazas aos penaltis.



Na zona sur, o Paradela ten grandes esperanzas postas na Copa e superou a primeira eliminatoria con claridade no marcador ante o Bóveda. Pero non será o único equipo ao que non lle terminaron de saír as cousas na 2ª fase que teña ganas de Copa.

Na seguinte fase tamén están equipos como o Ferreira. Os de Pantón clasificáronse nos penaltis ante o Palas. O Becerreá tamén fixo o propio ante o Páramo. Logo de non poder lograr a praza de ascenso, xogou dous días despois nas Rapadas e ematou no tempo regulamentario. Dende os once metros a sorte estivo de lado.

O recén ascendido á Primeira (Antas) non acusou a resaca da festa (ou polo menos non se notou) e superou ao Quiroga con claridade. Tiveron minutos os xogadores que non tiveron tanto protagonismo no espectacular segundo tramo de competición na liga. E xogadores como Cristian botaron o equipo a espalda.

O Sporting Lucense impúxose ao Brollón (ao que non deu superado na 2ª fase da liga pola permanencia) e estará na seguinte rolda. Tamén o Chantada B que venceu a domicilio ao Relámpago Taboada.

Non se quedan atrás tres equipos que fixeron unha boa temporada na 3ª. Os ascendidos Lemos B e Carballedo estarán na seguinte fase. O filial lemista gañoulle ao Corgo e o cadro do Catro Ventos superou ao Incio. Ademais, o Sober derrotou ao Monterroso B.



Eliminatorias Dezaseisavos de final:

  • Roupar – Iberia (dom. ás 12:00h)
  • Rioaveso – Nuevo Nausti (dom. ás 18:00h)
  • Friol B – Cospeito (dom. ás 13:00h)
  • Candelaria – Cabreiros (dom. ás 18:00h)
  • Catro Roldas – Comercial (dom. ás 18:00h)
  • Fonsagrada – Celta Barreiros (dom. ás 17:00h)
  • Celeiro – Guitiriz (dom. ás 17:00h)
  • Castro B 4-0 Mondoñedo (xogado na matinal do sábado)
  • Oural – Paradela (dom. ás 18:00h)
  • Sober – Chantada B (dom. ás 18:00h)
  • Carballedo – Becerreá (dom. ás 18:00h)
  • Lemos B – Rubián (dom. ás 18:00h)
  • Castroverde – Sporting Lucense (dom. ás 18:00h)
  • Ferreira – Río Sil (dom. ás 18:00h)
  • Taboada B – Antas (dom. ás 18:00h)
  • Milagrosa – Santa Comba (dom. ás 17:00h)

O Nausti dá a sorpresa na 1ª rolda da Copa

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *