
«A súa vida chámase Comercial-Estudiantes. «No diga Comercial, diga Neno», dicía un titular dun xornal. Todos, quixerámoslle ou non, debémoslle moitísimo. Só polo feito de acercarnos o fútbol coma unha posibilidade de futuro. Ben sexa de xogador ou adestrador… Iso en Lugo, de non ser por él, era impensable».
Tamén quixo falar con nós, un dos moitos xogadores que pasaron pola Comercial no século pasado. David Cabarcos afírmanos que os rapaces non tiñan moita relación con él. «Era bastante reservado. Él foi o primeiro presidente dunha Comercial na que formei como futbolista e compartín grandes momentos cos meus amigos. Foi unha persoa ligada ao fútbol dende que eu recordo e axudou a que a Comercial sexa un clube histórico da canteira lucense. Descanse en Paz».
Así era Don Manuel en liñas xerais. Moitos din que as persoas vense realmente nos detalles e Juan Carlos Grandela, un dos técnicos máis expertos da nosa base, garda na memoria distintas anécdotas co Neno que vaga a pena recordar.
«Nos primeiros anos dos 80 él ía pola tarde ao Polvorín a secar nunha estufa a roupa dos xogadores do día anterior para que a tivesen algo máis seca».


«Nun campeonato galego de fútbol sala de benxamíns en Ferrol, os pequenos andaban polos corredores correndo a noite de antes da final. Mandámolos a dormir e non fixeron caso. Ao primeiro que pillou deulle un cachete. En xuño, ese pequeno foi o primeiro en ir a firmar a ficha da tempada seguinte».
«Nun encontro da Liga Galega de xuvenís que xogamos preto de Finisterre, fomos a comer alí. Mentres o equipo comía a súa comida de deportistas, os directivos puxéronse ata arriba de percebes«.
«Él colleu o equipo da Comercial, que despois fusionou ao do Estudiantes por unha discusión que tivo con López Gorgoso. Este último dicía que un equipo de Lugo nunca se podería comparar cos de Galicia. O Neno demostrou o contrario».
