#Fútbol afeccionado

#HaiMotivosParaVolver: Este sábado publícase a Guía ‘Fútbol en Lugo’

O fútbol afeccionado volve á competición e con el trae a III edición da Guía ‘Fútbol en Lugo’ elaborada por Futbolinlugo e publicada por El Progreso. Este sábado o manual en papel do fútbol lucense estará a venda nas librerías e quioscos co xornal lucense por 1,50€.

A publicación da Guía coincide co inicio dunha das competicións máis representativas da provincia, a Primeira Rexional. Non obstante, nas 96 páxinas de información aparecen en total 85 equipos lucenses. Por unha parte, todo o fútbol masculino dende a Preferente ata á Terceira Rexional. E pola outra todo o fútbol feminino dende o PM Friol que compite na Primeira Nacional ata os clubs que xogan na Segunda Galicia.

Dende a primeira fin de semana de marzo do 2020 non estaba en xogo o fútbol que máis nos gusta. Por iso, na campaña de promoción de Futbolinlugo e El Progreso lembramos que #HaiMotivosParaVolver. Convidamos a todos os seguidores a compartir co noso cancelo algunha das razóns polas que botaban en falta que o balón rode polos campos.

Comparte o vídeo co cancelo #HaiMotivosParaVolver e cóntanos a gana que tes de que volva o fútbol afeccionado

Agradecemos a implicación para a gravación deste video a Nórdica audiovisual, Vane e o grupo Forget la France, Iván González, Mateo González, Sara Meijide, Plenario Veiga, Jorge Estraviz, Rubén Sánchez e Manu Diéguez.



Por terceiro ano, Futbolinlugo e El Progreso únense para tratar de ofrecer mellor información previa ao inicio das competicións do balompé lucense. Desta volta, as novidades radican na presentación de cada categoría ou sección.

Contamos coa sinatura do ex adestrador do Foz Javi Chinchón para falar sobre a Preferente, co ex técnico do Pastoricense Fran Veiga para analizar a Primeira, co ex preparador do Páramo Brais Vázquez para facer unha reflexión sobre a Segunda especialmente do grupo sur, co ex míster do Rioaveso Manuel Veiga para comentar o inicio da Terceira e co director da Revista do Fútbol Feminino, Carlos Castro, que nos introduce nas distintas previsións dos clubs do fut fem.

Como xa é habitual, cada equipo contará cunha páxina completa de información. Datos do club, foto do cadro de xogadores, texto informativo e foto individual de cada xogador con cadanseus datos.



Ademais tamén terán protagonismo os colexiados. As árbitras e os árbitros da provincia teñen o seu espazo nas páxinas finais da publicación. Un intento de recoñer o seu imprescindible traballo e deixar claro que todos forman parte deste xogo.

Agradecemos un ano máis a El Progreso pola súa confianza e aposta neste proxecto. E por suposto, grazas a todo o equipo montado para a ocasión: Diego Díaz, Marcos Fernández, Santi Real, Iván Calaza, Juan Manuel R. Neira, Manu Amor, Rachu Carballedo, Pol Noguerol e a colaboración de Sonia Paleo.

#HaiMotivosParaVolver: Este sábado publícase a Guía ‘Fútbol en Lugo’

Dous triunfos e un empate que sabe

#HaiMotivosParaVolver: Este sábado publícase a Guía ‘Fútbol en Lugo’

Diario dun mercado. Episodio 259

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *