Non foi unha boa xornada para os nosos representantes lucenses na Preferente. De feito, un anda na procura de adestrador. O Atlético Escairón firmou un dos peores encontros da tempada ante o Ordes e Charly dimitiu á conclusión do mesmo. Nesa loita pola permanencia, a Residencia caeu pola mínima en Dumbría. E iso non foi o peor. Borja tivo que deixar o campo en ambulancia por un forte golpe. Ao final quedou nunha forte contusión na cadeira. Tamén caeu o Outeiro de Rei na súa visita a As Pontes. Por sorte, puido maquillar o resultado co tanto de Muñiz en tempo de desconto. A mellor nova da zona baixa chegou dende Viveiro. O cadro de Chusky levouse un punto ante o potente Paiosaco e sitúase fóra do descenso directo, lugar no que xa está o Atlético Escairón.

Pola zona alta non foi mellor a cousa. O Ribadeo deixouse dous puntos na lama do Pepe Barrera. E, por riba, Dani Prieto marchouse nos últimos compases coa clávicula descolocada. O Castro non pasou do empate na casa ante o Atlético Arteixo. Os de Javi López comezaron perdendo, remontaron antes do minuto 5, e terminaron cedendo a igualada no minuto 83. Ademais, o Polvorín sucumbiu ante un gol de penalti do Sofán. Pablo Cacharrón rematou expulsado. Por último, o Rácing Villalbés é cuarto grazas á goleada ante o Noia na Magdalena. Con doblete de Sergio Arias incluido.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*