Trío de Ases Terceira (Xornada 23) e Preferente (Xornada 22)

Dous equipos lucenses abriron a xornada na matinal do domingo. O Ribadeo estivo a piques de levar tres puntos de ouro do campo do Atlético Arteixo. O conxunto no que milita Dapo, exxogador dos mariñáns, impediuno cun tanto de Geri no desconto. Empate. Unha mágoa porque os de Fiz Rodríguez chegaron a ir gañando por 0-2. Tampouco tivo un partido doado o Polvorín, que segue sen acostumarse ao maltreito céspede artificial da Cheda. Iso sí, continúa en zona de ascenso directo. Un golazo de Javi Rey no tramo final de encontro matou a un Dubra que apenas se prodigou en ataque.

E non nos movemos da Cheda, porque pola tarde foi o turno do derbi lucense desta xornada. Un encontro tenso, que decidiu o gol de Yeray, e que rematou cunha pequena trifulca. Iso sí, deixou moitos detalles. As expulsións de Dieguito, por unha patada a un rival dende o chan, e a de Borja Rasilla, cando era substituido por un compañeiro. E sobre tonto, a xogada tonta da xornada. O inexplicable fallo de Calo na mesma liña de gol. A Residencia segue en liña ascendente e o Atlético Escairón coa ameaza do descenso directo a un só punto.

Ademais, o Outeiro de Rei meteu nun serio apuro ao líder. Caeu pola mínima nun encontro no que dispuxo de varias oportunidades. Manu Roca, procedente do Racing Villalbés, estreouse coa elástica azulona e coma titular. No veciño Castro de Rei, Marino liderou a goleada dos de Javi López cun hat trick. O ‘Expresso’ de Meira non fixo notar as importantes ausencias de Omar ou Edrosa. O meta Josema tivo uns minutos no tramo final do encontro e Álvaro Álvarez volveu a xogar no Arturo Pereiro. Co 11 ás espaldas. No Dumbría, entrou na segunda metade o mítico Iván González, exdianteiro do Lugo.

Por último, o Viveiro non logra saír do descenso. Caeu ante o Boimorto nun encontro no que Poceiro debutou co conxunto mariñán. Tamén coma titular. Por último, o Racing Villalbés recibiu tres goles do Compostela na segunda metade na volta de Make a San Lázaro. Santi Gegunde foi titular nos santiagueses. O seu substituto, o lucense Diego Rey, marcou o terceiro e definitivo tanto.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*