O derbi lucense desta xornada tivo un claro color. O vermello do Castro, que goleou por 6-0 a unha Residencia que cae a postos de descenso. Javi Fraga asinou un hat trick e Iván González un doblete. O Outeiro acompaña aos capitalinos nesa delicada zona. Nova derrota dos de Juan Peón, esta vez no feudo do Boimorto (4-0). Dous goles ao bordo do descanso e outros tantos nas postrimerías do encontro, sentenciaron ao cadro azulón. No entanto, noutra parte da Chaira sorríen moito máis. O Rácing Villalbés segue moi preto do play off de ascenso. Teno a puntiño de caramelo. Conseguiu un empate sen goles no sempre complicado feudo do Silva e encadena xa oito xornadas sen perder.

Ademais, segunda victoria consecutiva para o Viveiro de Chusky. Esta vez, tras un encontro moi igualado no campo do Sofán. Eso sí, Xaime rematou expulsado e non estará a próxima xornada. Na outra punta da Mariña, malas novas esta xornada. O Ribadeo realizou unha mala posta en escena e perdeu pola mínima ante o Dumbría. Aos trece minutos, xa levaba un 2-0 en contra. Pola mínima tamén caeu un combativo Atlético Escairón ante o potente Arzúa. Por último, o Polvorín non tivo piedade e goleou ao Ordes para manterse na segunda plaza da clasificación. Cuadretti e Manu Núñez firmaron sendos dobletes.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*