Na Terceira unha de cal e e outra de area. Gran triunfo do Racing Vilalbés en Calabagueiros ante o Barco  (2-4), un equipo chamado a estar nos postos altos da clasificación. Un hat trick dun inspirado Javi Ballesteros foi suficiente para os de Xoan Peón. Peor lle foron as cousas ao Polvorín na súa visita ao Arousa (2-1), malia que comezou adiantándose no marcador cun gol de Manu Morais logo dunha boa xogada colectiva. Cacharrón sostivo ao equipo con dúas boas paradas pero no desconto o rival deulle a volta ao marcador. No día do seu debut, Álex Rey viu como lle anulaban un gol.

Na Preferente, a Sarriana comezou imparable. Logo do triunfo na primeira xornada, onte asaltou o campo do Ordes. Gañou 0-1 pero ben puido ser máis ampla a diferencia. Co encontro controlado, Omar marcou o gol decisivo logo dun saque de córner. O propio Omar e Quiroga puideron amplialas diferencias na primeira metade. Logo da reanudación, o Ordes tivo ocasións pero os de Javi López conseguiron deixar a porta a cero.  O Ribadeo foi quen de sobreporse á abafante calor (chegaron a xogar a 34 grados) e logrou un meritorio empate sen goles na Grela ante o Montañeros. A destacar a seguridade defensiva dos de Rafa Casanova nunha segunda metade de dominio local.

O Castro caeu derrotado por 4-1 ante o Sofán, nun cuarto de hora pra esquecer. O cadro chairego xogou unha hora aceptable, pero logo de adiantarse no marcador por medio de Javi Fraga, os de Edrosa cometeron moitos erros, tanto individuais como colectivos. A destacar o debut como xogador de Chumi, logo dunha vida baixo paos, a pasada campaña no Monterroso. O Foz viu como voaban os puntos do Martínez Otero no encontro ante o Dubra (1-3). Logo dun primeiro tempo igualado no que os mariñáns foron ao descando por diante gracias ao gol de David Rodríguez, na reanudación a superioridade do rival plasmouse en goles. O Viveiro segue sen estrear o casilleiro de puntos logo dun calendario complicado no comezo ligueiro. Perdeu no Poboado (3-2) ante o As Pontes nun bo partido dos de Chusky, pero a falla de contundencia defensiva fixo que concedera tres goles. Os tantos viveirenses foron obra de Xaime e Marino.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*