O substituto de Simón atoparíase moi preto, apunta a outro homiño da casa

Saltou a gran sorpresa do Nadal na Magdalena. Pasadas as oito horas desta mesma mañá, o Racing Villalbés comunicaba a destitución de Simón Lamas. O ata agora técnico do club chairego foi cesado do seu posto onte á noite por «motivos deportivos» según reza o comunicado emitido pola entidade vilalbesa.

O Racing fixo público nun escueto escrito esta complicada decisión sobre un dos seus estandartes, home da casa e que cumpría a súa terceira temporada á fronte do primeiro equipo.

«O Racing Villalbés quere comunicar aos seus socios e simpatizantes unha das decisións máis duras deste século. Unha decisión tomada por motivos soamente deportivos. Simón Lamas non seguirá no equipo sénior da entidade. Somos conscientes do seu gran traballo, reflectido nuns magníficos resultados no noso feudo. Porén, queremos dar un paso adiante a domicilio. O club quere agradecer o seu esforzo e dedicación durante todo este tempo e recordarlle a Simón que esta sempre será a súa casa. E que se el quere, terá un oco no staff técnico da base. O seu substituto será comunicado nos vindeiros días. Felices festas e Forza Racing».

Sobre o seu sucesor, a rumoroloxía apunta a que podería ser un home da casa. Con escasa experiencia e moito ímpeto. O mesmo perfil que no seu día asinaba o bo de Lamas.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*