Xa son oficiais os calendarios de fútbol feminino para as nosas rapazas do Peluquería Mixta Friol e da SCD Milagrosa. As primeiras xogarán, como xa é habitual, na Segunda División, ante rivais de enorme talla. O conxunto da capital, pola súa banda, milita na Primeira División Galega, e visitará campos de toda a comunidade. 

As rapazas de Friol, adestradas por Paco López (quen xa compartiu con nós uns intres para falarnos de cómo se afronta a campaña no campo da Reigosa), teñen por diante una competición fronte aos seguintes rivais: Gijón Fútbol Feminino, Deportivo Abanca, Femiastur «A», Victoria CF e Victoria FC (de Santiago e A Coruña, respectivamente), Sporting de Gijón «A», Sárdoma, Oviedo Moderno «A», Racing Féminas, Llanera «A», Vimenor «A», Atlántida Matamá e CD Monte.

Serán un total de 26 xornadas nas que o Friol tratará de facer unha labor o máis digna posible, ao igual que todos os anos. Comezarán na casa, ante o Femiastur, o 3 de setembro. O último partido tamén será na casa, esta vez ante o Deportivo, o día 22 de abril. O resto do calendario está íntegro aquí: http://www.rfef.es/competiciones/futbol-femenino/calendario/17/0/3

Falando agora do conxunto do López Gorgoso, competirá nunha liga composta polas seguintes escadras: SD Tordoia, Torre SD, a propia SCD Milagrosa, Victoria CF «B», UD Ourense, Atlético Arousana, Orzán SD, Victoria FC «B», Valladares, SD O Val, Viajes Interrías, Deportivo «B», Umia, Sárdoma, Boiro e Mos.

As de Frigsa comezarán a liga lonxe da casa o día 10 de setembro, ante a SD Tordoia e, tras 30 xornadas e nove meses despois, o día 13 de maio, visitarán Sárdoma para poñer punto e final á temporada. O calendario completo, no arquivo adxunto deste enlace: Calendario 17-18 da Primeira Autonómica

Desexamos toda a sorte do mundo as nosas guerreiras nesta 2017/2018!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*