A situación non remata. O COVID-19 leva un mes monopolizando os titulares e impedindo a gran parte da poboación facer a súa vida normal. Porén, os que continúan a traballar cada día para que podamos saír o máis cedo posible desta situación son os sanitarios: persoal que leva un mes realizando o seu traballo, pero arriscando a súa integridade física.

De novo, aproveitamos que no noso fútbol contamos con varios sanitarios polivalentes para tomarlles testimonio. Son os nosos Sanitarios de ouro. Hoxe, José Carlos «Tito», xogador do Cospeito e traballador da Unidade de Medicina Interna no HULA, onde tamén traballa Adrián Vizoso, mediocentro do Ribadeo!

De volver a competición, que sexa en condicións seguras. Tito.
«O meu día a día é ir traballar. Aínda que estou na unidade de medicina interna, xa levamos 15 días traballando con xente infectada de COVID-19. O resto do tempo estou na casa e tento facer algo de cinta aínda que non moito porque case sempre chegas esgotado.»
«Polo momento vexo lonxe o de poder volver competir porque co confinamento facemos que haxa menos contaxios xuntos pero alargámolo no tempo. Isto quere decir que, durante un longo tempo hai posibilidades de poder contaxiarte. A mediados de maio creo que se podería volver a xogar, pero todo depende de como evolucione isto e sobretodo se se volve a competición, facelo en condicións seguras.»
Incertidume constante. Vizoso
«Coma calqueira enfermeiro hoxe en día, pegado ao teléfono esperando unha chamada que che dea un contrato dun turno, ou si tes sorte de varios. Ca incertidume continua de saber si estás infectado por coronavirus pola continua exposición, ou simplemente adaptarte a un novo servicio. Pero sempre facendo o que mellor sabemos facer, coidar da xente. Por sorte, na provincia de Lugo imos gañando o partido, por isto moitos estamos no «banquillo» esperando dar relevo a aqueles que xa o deron todo, ou actuar si a cousa se pon máis complicada. No meu caso, nalgún deses contratos si que tiven contacto con xente positiva, sentindo de cerca a gravidade da situación. Ademáis de facer noites nun xeriátrico, onde afortunadamente todo está tranquilo.»
«Moi extraño, unha sensación moi rara levar dende os sete anos coa rutina de adestrar e de un día para outro parar en seco. Esos intres de eliminar toda a tensión do largo do día e volver a casa novo, e máis nunha situación coma a actual, e o que máis boto de menos. 
Sinceramente non sei como acabará; se collendo a clasificación actual, xogando os partidos que faltan cando a situación o permita ou outras das opcións que se poden baraxar. O que si, cando todo pase, e sexa a decisión que sexa, despois de unha temporada complicada para nós, que nos deixen estrenar o Pepe Barrera, aínda que sexa para unha pachanga!»
«Por último quería dar unhas palabras de agradecemento a todo o mundo, dende os que están nas casas esgotados de non poder saír, ata aqueles que están en primeira liña de guerra (policías, limpeza, persoal de supermercados, persoal sanitario, etc..) Grazas por asumir cada un o rol que lle toca nesta situación, TODO SAIRÁ BEN.»
Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*