A situación de incertidume continúa: non hai fútbol, os domingos son vacíos de non ser polo «Palabra de…», os luns non hai comentarios dos partidos… pero, mentres tanto, todos aqueles que se sacrifican cada día por nós e a nosa saúde seguen a desenvolver o seu traballo. Nós, de novo, queremos facernos eco da sorte que temos na nosa provincia con profesionais así.

Hoxe, en Sanitarios de ouro, contamos co testimonio de José Manuel, o adestrador do Iberia CF, que traballa como P.S.X. no centro de saúde de Alfoz, e Daniel Debasa, pichichi do Paradela que desempeña a súa labor nas ambulancias medicalizadas da provincia.

Imos gañar o partido. José Manuel

«Estes días son complicados para todo o mundo. Temos  a sorte de vivir nun gran país e o 99% da xente da sociedade esta a aportar o seu gran de area para deixar atras este pesadelo. Quedan días difíciles pero entre tod@s imos conseguir gañarlle o partido ao COVID-19.  Como todo o mundo a miña vida tamén se veu alterada  tanto no meu traballo diario como na vida diaria. No traballo intentamos que o centro de saúde teña o menor número de xente de forma presencial e priorizamos as consultas telefónicas, tamén hai moito cambio de axendas e anulación de consultas pero a xente está colaborando a tope e o fan moi fácil. Na  vida diaria ahora fago o que debería facer máis a miúdo que é pasar máis tempo cos meus fillos e coa miña muller e estar en familia . Teño tamén a sorte de vivir no rural e de ter unha finca bastante grande que habitualmente teño descuidada e que agora parece que veu Calfensa por alí, da gusto vela, cuidando as árbores e as plantas que teño que é un dos meus hobbies.»

«En canto a competición non sei o que pasará…. pero o asunto do coronavirus é demasiado importante para todos (os que temos xente maior, pais, abuelos pero tamén para os novos, ninguén está a salvo) como para poñerse nun par de meses a xogar. Dudo moito que se reanude a competición, xa que TEMOS UN PARTIDO BASTANTE MÁIS  IMPORTANTE QUE XOGAR E QUE TEMOS QUE GAÑAR,  e sería moi irresponsable por parte dos que teñan que tomar a decisión de reanudar as competicións facelo sen que o problema estivese arranxado o 100%. Está morrendo moita xente, millóns de persoas están a facer un esforzo moi importante quedando na casa 1 mes (como mínimo) para ahora andar pensando en reanudar competicións apresuradamente.  Ligas afeccionadas co mesmo protocolo de seguridade para a saúde dos xogadores (e familias) que as dos profesionais. Evitar os contaxios… se lle van facer test a un xogador positivo que se asegure que llo van facer a todos.  Se van aislar durante 11 xornadas as plantillas de 1ª e 2ª División en hoteis e cidades deportivas e non van poder máis que para ir adestrar e xogar, é que saben que se poden producir contaxios. Que pasa cando se dea un contaxio nun xogador de Preferente.. a saúde pública vai illalo a el e ao resto de persoas que tiveron contacto con el mínimo 3 semanas… que se fai.. volvemos parar a competición?»

O LÓXICO É AGARDAR. Debasa.

«No tema persoal respetando a cuarentena como todos, a excepción do meu horario laboral que está ligado a sanidad  xa que traballo no 061 e tocame ir. No plano deportivo, riscos non moitos pero si é certo que é un deporte de contacto e calquera de nos pode ser portador e contaxiar ao conxunto. Aínda asi o que máis debemos ter en conta e a afluencia de xente que hai nos partidos incluso nestas categorias de fútbol afeccionado. Eu creo que o lóxico e agardar a que a situación se controle o mellor e o antes posible para que tanto afeccionados como xogadores podamos disfrutar deste deporte.»

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*