#Fútbol afeccionado

Referentes da xustiza deportiva este venres en Lugo

diegodiaz_oscarcarballo_ivancalaza_jesulopez_braisvalin_

A Peña de Árbitros 9,15 prepara diversas actividades para a última fin de semana do ano. Por estas datas xa é tradicional a organización dun torneo que xunta a distintos árbitros do noroeste español. Nesta edición, inclúen como previa unha charla-coloquio que xuntará a destacados xuíces deportivos galegos. Un evento que comezou no 2003; como apuntaba na pasada edición o presidente da peña, Óscar Carballo nunha entrevista para Futbolinlugo.  

“O deporte dende outro punto de vista” é o lema co que se presenta o encontro. Desenvolverase este venres dende ás 20h no auditorio da Sede Afundación de Lugo. Nel formarán parte David Pérez Pallas (árbitro de fútbol VAR con pasado na 2ª División), Zulema González (árbitra de fútbol FIFA), Carlos Cortés (ábritro de baloncesto), Guillermo Sandino (xúiz de atletismo) e Xosé Cendán Montero (árbitro de rugby). A entrada é de balde, pero o aforo é limitado a unhas 120 persoas. Na charla tamén estará presente Futbolinlugo. Porque o seu fundador, Diego Díaz e o colaborador Iván Calaza serán os encargados de moderar os temas tratados.

As actividades da Peña de Árbitros 9,15 continúan o sábado. Durante todo o día no campo do Polvorín desenvolverase a XII edición do torneo de Fútbol – 7. O día vai ser intenso. Os partidos madrugan porque o balón comezará a rodar ás 9 da mañá. O campo divídese en dous de fútbol 7 para poder xogar dous encontros ao mesmo tempo. A final comezará xa cos focos acesos ás 20:40h. Participan 15 equipos. Haberá ampla representación lucense. Moitos dos que apareceron este ano na II Guía Fútbol en Lugo daranse cita na Polvoreira. Dous equipos de Lugo, un da Mariña e outro de Monforte representan a provincia. Ademais, participarán dous equipos da Costa da Morte, dous de Vigo, un de Santiago, un da Coruña, de Ourense, de Ferrol, do Bierzo, de Valladolid e de Palencia. Dous días de convivencia en Lugo dos que máis saben do silbato.



Referentes da xustiza deportiva este venres en Lugo

A Axenda: A Copa Deputación colle o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *