Os oitavos de final da Copa xa son historia, a excepción do Atlético Escairón-Monterroso que se disputará o próximo 15 de xaneiro ás 21.00 horas no Saviñao.

*Pastoricense-Taboada: Un maxistral Gabri, autor de catro goles, liderou a sorprendente goleada do Taboada no Acebreiro. Os de Fran Veiga perdonaron varias ocasións ao comezo e viron como o rival abría a lata nunha acción con polémica. Os de Manu marcharon cun 0-2 ao descanso logo de conquerir un tanto máis dende o punto de penalti. Na reanudación, o protagonismo inicial dos locais foise diluindo e os da Medela pecharon a ‘manita’ en dúas contras.

*Sarriana-Lemos: Unha Sarriana en construcción contivo ao Lemos na Ribela. Pechou liñas, evitou pases interiores e tivo moitas ocasións na transición ofensiva. En dúas delas, Hugo Buide firmou o seu doblete para darlle o pase aos de Peón. Os de Edu dispuxeron de máis balón pero escasa profundidade. Só puideron maquillar o electrónico cun tanto de César contra o remate.

*Chantada-Guntín: Típico encontro igualado de Copa, con dous equipos máis abertos do habitual e con menos rigor táctico. Os goles chegaron todos na segunda metade. Álvaro igualou o tanto inicial de Brais. Kadete apareceu a dez do final. O Guntín volcouse na busca dos penaltis pero Brais matou a eliminatoria co terceiro e definitivo gol.

*Ribadeo-Viveiro: Un erro nun despexe pasado o cuarto de hora deulle o pase a un Ribadeo que xerou máis perigo na primeira metade. Os de Chusky, cunha clara aposta pola xuventude e as rotacións tiveron balón pero pecaron de falta de profundidade. E os de Rafa Casanova avanzan de rolda dende o contragolpe e o orde. Iso sí, cunha cara peaxe: a lesión de Poratti nos isquios.

*Santaballés-Foz: Un Foz con moitas rotacións e varios xuvenís no once caeu con claridade na Liga. Vérez empezou a tarde da mellor maneira posible para o Santaballés aínda que Manolito igualaba de novo ao bordo do descanso. Na reanudación, os de Dani Moirón desatáronse no capítulo goleador. E acabaron pasando por riba dun rival de categoría superior. Vérez asinou un doblete.

 
Deste xeito, os cuartos de final quedarían da seguinte maneira:
-Gañador Atlético Escairón-Monterroso vs Residencia
-Chantada-Ribadeo

-Santaballés-Sarriana

-Chantada Atlético-Taboada

Comparte
                        

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*