Escribo estas liñas para todos eses rapaces e rapazas que están a piques de dar o salto á categoría senior.

Fai uns días, falando cun bo amigo e compañeiro de equipo ao cal aprezo moito, abriamos un debate entre nós e sacabamos unhas conclusións sobre as dificultades que hai nos últimos anos para atopar xogadores na zona de A Mariña. Será porque hai moitos equipos na misma zona? Pode ser, pero sempre os houbo… E como aquí en máis sitios. Entón, donde van os xogadores?

Non fai moito podiamos ver na misma tempada equipos mariñaos en Terceira, outros 3 ou 4 na Preferente e moitos outros na 1º rexional. Agora a cousa cambiou moito, ata o punto de que costa atopar xogadores para facer un equipo amplo na 1º rexional. E como xa dicen, como pasa na Mariña tamén pasa en máis sitios.

Jairo adora o fútbol e, en especial, o fútbol na Marosa.

Un dos principais factores que penso que cada vez inflúe máis, que é do que vou a falar brevemente a continuación, é a prioridade que os rapaces lle comezan a dar á formación académica, algo que me alegra moito e oxalá siga indo a máis. Pero isto tamén comeza a ter un “efecto secundario” e non debería ter por qué.

Todos sabemos que na maioría dos casos chega un punto no que con 18-19 anos nos temos que desprazar lonxe da nosa vila e do noso equipo para seguir formándonos académicamente. Uns marchamos para Lugo, como foi o meu caso, outros a Santiago de Compostela e outros escollen A Coruña. E isto, por desgraza, produce que moitos vaian abandoando pouco a pouco a práctica deportiva, sexa cal sexa, e é unha mágoa.

É posible compaxinar os estudos co fútbol? Pois SI.

Quen non se subiu 2 ou 3 horas de bus os venres para ir adestrar co seu equipo? E outras tantas para voltar o domingo desde calquera zona da provincia? Que non buscou un equipo para adestrar por semana?…

O plantel da SD Burela nun encontro recente.

A veces boto a vista atrás e penso nos partidos da miña xeración contra o Foz de Jacob; o Viveiro de Juanjo Coello e David Rivas; a Residencia de Mauro, Jorge e Chiqui, a Milagrosa de Regueiro, Tejeda, Adri; entre moitos outros… e vexo que calquera domingo podo atopalos como rivais outra vez, igual que fai uns anos cando éramos infantís e cadetes. Pois isto é o reflexo de dúas cousas. Unha, que nos gustaba e nos sigue a gustar moito este deporte, o cal non decidimos abandoar. E outra, e moi importante, que as xeracións máis maiores e coas que seguramente moitos agora compartamos vestiario, nos inculcaron un compromiso e uns valores de sacrificio por este deporte que non debemos perder e que agora, nos toca seguir transmitindo ás novas xeracións.

Todos tivemos que saír fora para seguir estudando. Uns máis cerca e outros máis lonxe. E a maioría fomos capaces de compaxinar os nosos estudos coa nosa paixón. E igual ca nós, as xeracións máis maiores tamén o fixeron. Por qué non vades poder facelo vos? Sei que a veces pode ser dificil compaxinar os estudos fora da nosa vila coa práctica deportiva. Pero si de verdade vos gusta, complicádevos un pouco por algo que tantas alegrías nos daba de pequenos e nos segue a dar: a pelota e os amigos. Non o deixedes, vale moito a pena!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*