Lémbrome de cando era pequeno, e do que significaba o fútbol para min e os meus iguais. Aproveitabamos cada momento para pegarlle unha patada a un balón, cada recreo era o partido máis importante da túa vida.

Se iso non fose suficiente quedabamos despois de clase para continuar xogando e, se aínda iso non chegaba, algúns nos dirixiamos ao pertinente adestramento co noso clube. Amabas o fútbol, non era unha obriga como pasa moito hoxe en día.

Cando remataba a etapa de xuvenil tiñas a oportunidade de xogar nunha Preferente Autonómica ou nunha Primeira Rexional (das de verdade, non das de hoxe). Esas gañas de que chegase o adestramento para poder dalo todo e loitar por poder xogar cada finde. Nunca o motivo era económico, simplemente era poder disfrutar de ese deporte que desde pequeno tan presente estivo no teu día a día.

Hoxe en cambio todo é diferente, é máis fácil xogalo a través dun mando e unha televisión. Vai demasiado frío para adestrar, non pagan o suficiente para poder xogar, nalgunhas categorías un non se digna a xogar…

En fin, como cambiou o fútbol, como cambiou a mentalidade do “futbolista”, e que daño fixo o fútbol moderno…

Diego Gómez: xogador da SD O Páramo e apaixoado do noso fútbol desde neno.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*