#Fútbol afeccionado

Palabra de… Santi Real: A paréntese da temporada

Na cociña da miña casa está colgada, entre outras moitas, unha foto. Ubicadas na praia barreirense de Fontela-Valea, dez persoas de todas as idades posan ante a cámara do xornal El Progreso en formación de equipo de fútbol. A instantánea é previa á disputa dunha das pachangas que teñen lugar practicamente a diario nos meses de verán. Si amigos, lonxe das multitudes nas praias mediterráneas nas que apenas hai espacio para camiñar, nos areais lucenses pódese xogar ao fútbol (eso si, coa marea baixa).

Toda pachanga veraniega que se precie comeza da mesma forma: un amante do fútbol vai co seu balón ata a metade da praia, solta o esférico ao aire e trata de conseguir que non toque o chan. En escasos minutos, xa son dous individuos os que intercambian pases e mostran as súas habilidades, o que desperta o interés doutros que, atraídos polos «Toca, toca» ou «Es un crack, Manolo», súmanse aos pases anteriores. E en dez minutos, xa hai xente dabondo para facer un «5 para 5».

Entón, unha vez divididos os equipos, chega o traballo que ninguén quere facer: ensuciar as mans para levantar dous pequenos postes de area que fagan de portería. Aí é onde aparece o verdadeiro capitán, comprometido e cumpridor, que leva a cabo a dura tarefa. Entón comeza o choque, primeiro cunha toma de contacto tanto entre compañeiros como cos rivais, e despois a intensidade aumenta progresivamente. En quince minutos, o terreo de xogo, completamente levantado polas pisadas, dificulta o fútbol, pero non as ganas de vencer (quizais os perdedores teñan que invitar a unhas cañas e refrescos no post-partido!).

Cando os exhaustos futbolistas firman entre todos o clásico «Quen marque gana!», todos sacan folgos de onde non os hai para conseguir o ansiado gol, que ao final chega para alegría duns e pena doutros. Non obstante, toda posibilidade de rivalidade creada durante o xogo esfúmase no baño colectivo no Mar Cantábrico, no que todos disfrutan comentando as xogadas e botando gargalladas entre onda e onda.



As funcións destes partidos son múltiples: nos máis pequenos, xeran a ilusión de xogar contra os maiores e de canealos con axilidade; nos adultos nacen os propósitos que animan a moitos a incorporarse a un equipo no que competir durante o ano laboral e, nos máis maiores, espertan de novo as sensacións que lles provocaba ter o balón no pé cando eran máis novos.

Non obstante, de todas elas, destaca unha: as amizades que se crean gracias á pelota. Nestes casos, un grupo de descoñecidos de diferentes partes do país ou de Galicia que, despois de xogar xuntos, alégranse de verse uns aos outros cada verán. E sempre quedará esa morriña silenciosa entre os xogadores que, unha vez chegado setembro, aflora neles.



Palabra de… Santi Real: A paréntese da temporada

IX Trofeo Cidade de Lugo Feminino

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *