Se todo o mundo asocia o deporte á palabrería de valores: esforzo, compromiso, superación, respeto…Que é o que formamos no fútbol base?

Ramallal, en acción. EP

Enchemos a boca falando de valores, pero o producto final está alonxado de todo o que non sexa fácil, divertido, rápido e de sinxela dixestión. “A esixencia xenera estrés, angustia…” , “o importante é ser feliz”, son frases que escoitamos no día a día, pero non será que hai que ser feliz aprendendo, disfrutando  e mellorando coa aprendizaxe do día a día. E para eso hai que “picar pedra” como di un adestrador de primeira división de fútbol sala. A aptitude e a actitude son igual de importantes e hai que forxalas no día a día, quizais a formación do carácter ten máis importancia que o propio fútbol.

Todo isto nace dunha concepción errónea do fútbol, o valor do deporte é o sacrificio e o esforzo, que nos axudan a construirnos como persoas capaces de enfrentarnos a calquera episodio vital. Se o miramos ben,  que importancia ten marcar un gol máis ca o rival? Claro que a ten, pero a importancia está no proceso de consecución dese obxectivo, mais non podemos levar ós rapaces a adestrar coa idea de que o “pasen ben”, “que disfruten”, “que xoguen un pouco…». Hai que abandoar o culto á diversión en bandexa, a disfrutar, á inmediatez, á “vida happy…». Hai que recoñecer debilidades e carencias como punto de partida para poder superarse. Hai que autoesixirse, non crerse nunca o suficientemente bo, que aprender costa, que non é un proceso sinxelo. Hai que amar o esforzo e hai que DISFRUTAR APRENDENDO (non é o mesmo que divertirse).

A educación non nace nin medra regándoa só na escola.  Un dos grandes erros da sociedade consiste en pensar que a educación só é competencia da casa e da escola sen darlle valor educativo ó deporte como actividade extraescolar. E como consecuencia a maioría deduce que calquera vale para adestrar.

Na formación dunha persona non se pode desaproveitar  a ilusión, a motivación, a pasión que senten @s deportistas polas actividades extraescolares; para formalos na cultura do esforzo, da resonsabilidade, respeto… E iso pasa por coller cada un dos valores que queiramos transmitir e definilos con condutas medibles e observables para ter os obxectivos claros. E esas condutas deben aplicarse e cumplirse no día a día, se queremos obter un produto final satisfactorio, porque agora mesmo falamos da valores, pero a realidade de calquera partido do fútbol afeccionado non di iso.

Roberto, corrixindo. EP

Aínda que isto parece ser unha constante da sociedade actual, vertemos ríos de tinta sobre o medioambiente, poñemos a camiseta o día da conmemoración, subimos a foto ás redes sociais… E a realidade di que as cunetas das estradas están cheas de lixo, imos no coche e tiramos basura pola ventá. Vemos algo tirado no chan e non o recollemos, do estado das instalacións deportivas mellor non falar…

Sen método, orde, vontade, esforzo e sacrificio nada é posible. O fútbol é unha das ferramentas idóneas para forxar todo eso. Todos temos  responsabilidade e as nosas actuacións teñen consecuencias. Unha ventá rota nun coche abandoado transmite unha idea de deterioro, de desinterese, de despreocupación. Vai rompendo os códigos de convivencia ante a ausencia da lei, de normas, de reglas, como se todo valeseA todo iso chega á sociedade do futuro e os integrantes do acto de XOGAR Ó FÚTBOL somos responsables.

Roberto Ramallal Comendeiro. Emblema do noso fútbol

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*