Pódese dicir que tiven que amar este deporte por forza! Cando nacín tiña a un tolo do fútbol esperándome para meterme no corpo ese gusanillo que el tiña, para poder ter un compañeiro tamén na casa de balón. Meu irmán pasábase o día co balón de arriba a abaixo no prado, pero a min chamábame máis a atención o tractor e os animais da casa!

Meu pai tamen é un amante da pelota, pero neste caso máis pequena: foi moi bo no tenis nos seus tempos en Suiza e Barcelona. E neso tamen nos parecemos a el Jorge e eu, disfrutamos xogando na pista de pádel, tenis e pimpón. Vese que o deporte nesta familia é algo de sangue, e o pequeno da casa non podía quedarse atrás!

Así que así foron os meus comezos: con meu irmán, que foi o meu mestre. Rompendo cristais na casa os dous. Tiven que empezar a apuntar ben para non ter disgustos!

Aínda que nos meus primeisos pasos no fútbol empecei como porteiro. Primeiro con meu irmán e os seus amigos (que para poder xogar con eles meu irmán mandábame poñer nesa posición) e despois no fútbol sala en Escairón. E foi nas clases de fútbol sala onde os adestradores me mandaron xogar arriba, na miña posición natural desde entón. Nesa época adestroume Pascual, co que compartín fai pouco faceta de adestrador dando clases a uns nenos, xusto donde eu empecei. Unha bonita experiencia con nenos entre 3 e 6 anos, que me recordaron as enerxías e ilusións que eu tiña.

Alí estiven ata infantís, que comecei a andadura máis bonita de miña carreira en Monforte de Lemos no Calasancio. Estiven dende infantís ata xuvenís, e tiven a sorte de coincidir cunha das mellores xeracións deste: Fer Beltrán, Richi, Rubén Díaz, Iago López, Macía, Dafo, Penas… Con este equipazo levamos o Calasancio ata o máis alto: con cadetes e xuvenís á División de Honra, logrando dous ascensos en xuvenís e un en cadetes.

Foi unha etapa moi bonita, con moitas vivencias, moitos torneos (Torremolinos, Eixe Atlántico…), moitas alegrías… Son os mellores tempos e logros para calquera rapaz que disfrute o fútbol! E só podo aconsellarlles aos que veñen detrás que o disfruten! Que seguramente se leven amigos e compañeiros para a vida, como é o meu caso!

A nivel persoal en tódalas categorías marquei moitos goles e foi alí onde pasei de ser Miguel a ser Pandiani. Diego Penas foi o ‘culpable’ do meu sobrenome, xa que mo empezou a chamar el porque nas primeiras oito xornadas do campeonato marquei un gol en cada unha delas. E Pandiani, daquela xogador do Deportivo, tamén os marcara (non mo chaman por ir adestrar en camión, non…! E iso que o teño!).

Foi das mellores vivencias do fútbol, da man de adestradores como Nacho (co cal temos todos unha fantástica relación e o cal garda un recordo marabilloso noso en forma de fotos na zapataría onde traballa), Francis Cagigao (que me ensinou a desmarcarme, unha das características más notables de meu xogo), Cabanelas, Corral, Carlos, Pive… Pertenzo á mellor xeración do fútbol da comarca, e non podo estar máis orgulloso nin ter mellor recordo.

E despois… Volvín ao equipo de meu pobo, un equipo cheo de amigos e veciños no que reinaba o bo ambiente e onde pasei de vivir o fútbol como ambición a vivilo como unha forma de facer o que me gusta rodeado de risas e festa (sin perder as gañas de superación que todo dianteiro ten!).

Tiven un parón cando me fun ao equipo onde estaba a xogar meu irmán, o Bóveda. Ese equipo deume o pracer de disfrutar do fútbol no mesmo campo que a persoa que me meteu ese gusanillo no corpo e ó que sempre admirei. E foi da súa man que regresei ao Escairón para disfrutar duns anos rodeado de amigos, ceas, risas, complicidade…e onde descubrín que sendo unha familia fóra do campo, dentro era fácil obter alegrías no fútbol.

O mellor que me pasou neste equipo foi o ano que subimos a Preferente… Inolvidable! Ata as nosas rapazas facían un equipazo, e o día que ascendemos aí estaban elas cunha pancarta enorme. Que nos acompañaría nun tractor conducido por Ramón e que nos levou ata a praza do pobo! Aínda recordo a ese Rubén Díaz lesionado, ó que bañamos con champán porque non podía participar na festa!

O fútbol está cheo de sorpresas e altos e baixos. E tal e como ese ano foi O MÁIS despois viñeron tempos difíciles: lesións, banquilño… Pero ata neses momentos aprendín del. Aprendín que amo este deporte máis do que pensaba. Porque con cada unha das lesións que viñeron doía máis estar lonxe do campo e da portería que a propia lesión. E aprendín a importancia de ter ao lado a unha persoa que te anima a seguir loitando polo que che deu tantas alegrías, e non deixa que abandones nin perdas o ánimo nin a ilusión.

Miguel Teijeiro ‘Pandiani’. Goleador de gran corazón

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*