Se eres exfutbolista de elite ou adestrador con moitos contactos en prensa… Ou simplemente tes un bo axente non creo que che interese moito seguir lendo. Por que digo esto? Simple. Se analizamos os adestradores de Primeira División, Segunda División e Segunda División B dámonos conta de que unha amplísima maioría son exfutbolistas profesionais. Incluso isto ocurre en menor medida tamén na Terceira División. Isto dificulta moita máis que tipos coma nós, que procedemos do fútbol Rexional e de base, poidamos chegar a darnos o gustazo de adestrar algunha vez na nosa carreira en Terceira División Nacional.

Empecei no C.D. Río Sil, equipo modesto onde os haxa, modesto pero con orgullo e identidade propia. Adestar na Carqueixa no inverno imprime carácter. Ademais de trasmitir outras magníficas virtudes que só se adquiren en clubes así. Posteriormente empecei a miña andaina no  C.P. Calasancio, onde aprendín a competir pero sen abandoar o respeto ó traballo ben feito, independentemenete dos resultados. Aínda sendo máis exixente a nivel competitivo nunca vin que se despedira ós adestradores polos resultados, en tal caso por conductas ou mala calidade de traballo. E nin eso. A experiencia foi extremadamente enriquecedora.

Por mor do destino aparecín en Andalucía, por motivos personais axenos totalmente ó noso deporte. Pero, por que un tipo de Monforte, medio soberino, non ía poder seguir adestrando? A verdade é que aquí é outra historia. 

Atopas centos e centos de adestradores nacionais só na provincia de Sevilla, imaxinádevos cantos monitores, nivel 1 e nivel 2 hai…

Empézase a complicar isto eh?

O primeiro que fixen foi sacar o nivel 3 e seguir cunha formación continua e constante, se non fas eso estás morto.

Vou facer unha paréntese, se mo permitides. Teño dous grandes compañeiros de Sober, excelentísimos adestradores, cun currículum envexable tanto en resultados (ascensos, campionatos) como tamén a nivel de metodoloxía formativa, comprensión do xogo e xestión de grupos. É de xustiza recoñecer a estes adestradores e tamén a moitos outros xa que sempre se aprende de alguén e hai que ser agradecido e sempre recordar o pasado. Vaia dende estas liñas o meu recoñecemento a todos eles, especialmente a Julio Corral e Michi. Todos, esa maioría silenciosa, conformades unha magnífica representación dos adestradores do noso fútbol. Eses adestradores que picades pedra, pasades frío, mollados, e cobrades catro pesos ou nada.

En fin, seguimos. Sen axente, sen contactos na prensa, sen ser exfutbolista profesional, sen ‘amigos’ dos que che dan un empuxón dos que tirar… Pouco a pouco, en silencio, con momentos bos e moitos moi duros, fun adestrando. Como é lóxico empecei pola Terceira Rexional andaluza, Segunda Rexional andaluza, Preferente andaluza e División de Honra. Este ano as cousas saíron ben e esta próxima temporada vou adestrar en Terceira División no Grupo 10. Se non o máis forte; un dos máis fortes, sen dúbida, en España.

Adestrar fóra do entorno require certa adaptación, a cal será máis doada de conseguir se un ten certa capacidade analítica e unha observación constante e latente en todo momento. O entorno social é totalmente distinto a Galicia, digamos que non ten nada que ver o adestrar no interior de Lugo a facelo aquí. Distintos caracteres, distintas maneiras de enfocar o día a día, distinto clima e distinta organización e estructura nos clubes. Nin mellor nin peor, distinta.

Só había unha posibilidade de poder adestrar en Terceira División, coller un equipo e ascendelo. Esa e non outra era a única maneira. É difícil, moi difícil, pero a vantaxe que temos os que empezamos picando pedra no barro (que somos a maioría de nós), en campos moi duros ou moi blandos, con poucos medios… A vantaxe que temos decía, creo que é a nosa capacidade de resiliencia.

E vós compañeiros do fútbol rexional galego tamén o podedes lograr, porque somos tercos, traballadores, porque nos costa un mundo subir un pequeño chanzo e o sabemos valorar na súa xusta medida. Porque o fútbol real sodes vós, somos nós, porque somos e representamos o 99% do fútbol deste país. Por iso dende aquí o meu maior recoñecemento a todos esos adestradores, esa silenciosa maioría, que non saímos nos medios, nin temos axentes, nin moitas veces gañamos un peso.

A miña historia non é gran cousa pero é a miña cousa. Non está nada mal para aquel rapaz que empezou na Carqueixa. Seguiremos pelexando a modiño, con sentidiño e respetando ós compañeiros e á profesión.

Tentando seguir demostrando  que os adestradores lucenses que saímos das distintas Carqueixas tamén podemos molestar polo mundo adiante.

Moitas grazas pola vosa atención. Un saúdo.

 

Mario Rodríguez. Adestrador La Palma C.F. Terceira División Nacional Grupo 10

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*