O fútbol. Teño 33 anos e, sen dúbida, o fútbol é unha das constantes na miña vida dende que teño uso de razón. Iso si, canta máis terra e menos cámaras, mellor, porque aí é onde está o que a min me engancha.

Diego López (dereita), cos seus compañeiros

Nacín en Lugo e dende pequeno sempre me gustou xogar. O mesmo daba o patio do colexio que os equipos federados, o caso era dar algunha que outra patada (case sempre ó balón, que conste). Participei en tódalas categorías rexionais e aprendín que, en esencia, todos os clubes eran iguais. As mesmas motivacións, as mesmas razóns de ser e tamén, por suposto, os mesmos problemas.

Así naceu no ano 2009 a primeira (e primaria) versión de Siguetuliga.com. Por aquel entón había un problema fundamental de falla de información no fútbol base e afeccionado de Galicia. Axudamos a solucionalo, cunha ferramenta que pronto contou co respaldo de centos de milleiros de amantes deste deporte, que se xuntaron para compartir a súa información.

Agora, sen poder sacar o fútbol (o rexional, o de verdade) da cabeza, continuamos profundizando nos problemas dos clubs. Todos teñen dificultades para cobrar as cotas de socios, xa por non falar de conseguir algúns novos. Igual, ou peor, se pon o tema para os que teñen rapaces (xestión de altas, de pago de cotas, de comunicación cos pais…). Ademais, se un mal común atinxe a todo o fútbol rexional é a falla de ingresos. Pois nesas andamos…

Xa contamos con máis de 200 clubs que se benefician das nosas ferramentas que permiten aos socios/pais pagar ou darse de alta directamente desde o seu móbil. Conseguir cartos das visitas que o club xa está a ter en Siguetuliga e moitas máis vantaxes coas que non vos vou aburrir agora (pero son a hostia!). Como vedes, non consigo despegarme do fútbol (do bo) nin por un momento. Nin falla que fai.

Diego López Fernández. Un dos creadores de siguetuliga.com, referencia na xestión de competicións e equipos amateurs

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*