Empecei a xogar a fútbol sala no histórico Cefire. En idade infantil cambiei o pavillón de Vista Alegre polo campo de terra de A Marosa donde me formei nas categorías inferiores da SD Burela ata a idade xuvenil. Despois fun parte do equipo da División de Honra xuvenil do CD Lugo do que teño grandes recordos e amigos, varios dos cales nos seguimos vendo polos campos de Preferente hoxe en día. A partir de aí varios equipos entre Terceira e Preferente ata chegar ó Ribadeo FC, onde estou a cumplir a oitava tempada.
Despois de tanto tempo xogando ó fútbol pregúntome, por que cada vez chegan menos rapaces das categorías inferiores ó primeiro equipo?
Dende o meu punto de vista creo que, entre outros, hai dous factores que explican esta situación:
- A cantidade de partidos que xogan cada tempada. Cada vez hai máis competicións. Dende prebenxamíns xogan torneos previos á liga, a liga, a liga de promoción, copas, torneos de final de tempada… Creo que xogan tantos partidos que en moitos casos os rapaces chegan a aborrecer o fútbol.
- Os seus referentes non son os xogadores do equipo sénior do clube no que xogan. Antes tíñamos a ilusión de xogar algún día no primeiro equipo, o feito de que te subiran adestrar con eles e a posibilidade de ir convocado era unha gran satisfacción. E se despois tiñas a opción de xogar unhos minutos xa era a ‘hostia’. A un rapaz de hoxe, se o levas a Boiro para xogar tan só 5 minutos, ó mellor non volve pisar un campo de fútbol.
Aquel Lugo División de Honra xuvenil con Criss
A día de hoxe contamos con mellores instalacións deportivas, mellor material e incluso os monitores-adestradores están máis formados, polo que debemos dar coa tecla para aportar xogadores con ambición e ilusión ó equipo sénior. Que os seus ídolos empecen a ser os do equipo do seu pobo, os do fútbol rexional, eses que adestran chova ou neve despois de sair de traballar. Ou que fan 200 km para adestrar, xogan con dores ou se paguen un ‘fisio’ do seu peto para poder participar o domingo. Eses que viven o fútbol de verdade e non os dese fútbol artificial que aparece pola televisión.
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/concelloguitiriz.gif)
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2024/01/PlayaCova-1.gif)
Moitas grazas a Futbolinlugo e noraboa pola gran labor que fai co fútbol rexional.
Cristopher Díaz Linares. Home-gol do Ribadeo
![](https://futbolinlugo.es/wp-content/uploads/2025/01/resolucionconcorrenciadeputacion1.gif)