Becerreá. Setembro de 2014. SD Becerreá – ADC Sagrado Corazón, partido en Primeira Autonómica. O día que me cambiou a vida falando a nivel futbolístico. Adiantámonos 0-1 cun gol meu. Recórdoo coma se fose hoxe mesmo… Uns minutos máis tarde, o que xa viña barruntando varios meses antes. Unha serie de dores agudas na zona esquerda dos cadrís fixéronme falar co míster (Rubén Barrios) para pedir o cambio… e nunca máis pisar un campo.

Andrés, entre a multitude que seguiu ao Lugo a Riazor

Así comeza a historia que os cracks de Futbolinlugo me pediron (as grazas ou culpas, segundo se mire, a Diego). Toda una vida vinculada ao chamado deporte rei acabou da forma que non desexaba baixo ninguna circunstancia. Aínda que houbo un último intento coa SDC San Lázaro –á cal tamén debo agradecer o interese e deixarme coñecer xente maravillosa–. Tras varias revisións médicas ,fíxome ver de forma definitiva que iso de calzarme as botas e saír a xogar xa non era para min.

Lembro a miña época no Polvorín, naquel campo de terra – e barro, e ás veces xeo – onde sendo alevín de primer ano comecei a pegarlle á pelota, ata xuvenil (con alguna participación esporádica no equipo de Rexional) na que tamén gardo algún recordo imborrable (esa semifinal en Monterroso…). Tamén boto á ollada aos anos no Sagrado, sen dúbida os mellores a nivel colectivo, con dous ascensos seguidos (un deles sen perder un partido), e tamén persoal, por poder coñecer xente que a día de hoxe considéroos amigos e cos que teño a sorte de compartir outras afeccións (mentres me aguanten!).

O Andrés adestrador

En fin, este deporte que tanto me deu en case 20 anos e que levo metido agora fíxome ver as cousas desde outra perspectiva. Nunca o aparquei de todo, se ben puiden retomar a quincenal procesión cara o Anxo Carro a ver o noso CD Lugo, do que podo decir que levo case 10 anos acudindo como socio aos partidos que o tempo e ausencia de imprevistos mo permiten. Neste tempo puiden ver de todo, grandes momentos e partidos para olvidar, pero sen súbida o actual momento do Lugo na Liga 1-2-3 témolo que disfrutar como se fose o último ano, porque é algo que igual non se repite en tempo, e polo que vexo en distintos sitios (principalmente redes sociais) parece todo o contrario, que se trata de dividir á xente.

Por outro lado, un factor que levaba tempo meditando pero que non acaba de dar o paso produciuse o ano pasado, a chamada dos banquiños. Con máis tempo e cartos no peto, decidinme por empezar a obter as titulacións necesarias para, se algún día teño a opción, retomar o fútbol local desde a outra parte, como adestrador. Grazas á Escola Galega de Adestradores a tempada pasada obtiven o título para adestrar en Fútbol Base, e esta tempada deu inicio o curso para obter o Nivel Básico, cunha ilusión que ata eu mesmo non acabo de crer.

Esta é a miña vida en resumo, e non quixera acabar sen agradecer de novo a Futbolinlugo este recuncho para escribir, e a toda á xente que de modo directo ou indirecto me axudou a comprender a mecánica do fútbol e fixo que me encante ver rodar o balón cada semana.

 

Andrés Rodríguez. Exxogador e técnico que ama o noso fútbol

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*