O duelo directo polo liderado no norte deixa todo aberto para as últimas catro xornadas. Aos postos que manteñen o Muimenta e o Alfoz achégase un Matela que é o equipo máis en forma da categoría. No sur, o Paradela estivo a piques de cantalo ascenso. Terá unha nova oportunidade en dez días ante o Quiroga. Dese encontro estará pendente o Antas que despois de volver ao camiño da vitoria opta ao ascenso directo. Quiroga e Río Sil descansaron nesta xornada.

No grupo norte, os dous primeiros clasificados enfrontáronse entre si. E todo quedou case como estaba. O Alfoz e o Muimenta igualaron a un gol no Municipal. Julio Jartín adiantou aos visitantes, pero Valea igualou rápido para os locais. O propio Valea, Legaspi e Martín destacaron no cadro alfocense. Julio, Hugo e Jairo lideraron ao equipo celeste. O Matela aproveitou o empate dos rivais, para gañar ao Lugo Unión e achegarse en tres puntos ás posicións de ascenso. Soto (cun tanto e un pase de gol) e Xurxo guiaron a un conxunto de Outeiro que non deu opción aos visitantes. O Catro Roldas afianza o posto de promoción ao vencer a domicilio ao Celeiro. Cleno con dobrete, Mario, Esteban e un bo gol de foron os protagonistas. O Catro Roldas probou o seu quinto porteiro da tempada. Unha vez máis, un xogador reconvertido a esa posición, o extremo Moha. Os locais estiveron lastrados polas lesións de Silva e Payu. Aínda así, sobresaíu Dani Liz cun bo gol e un gran partido.

As derrotas da Mila e da Fonsagrada ábrenlle o camiño de novo ao Celta Barreiros para pelexar pola promoción. Foi o propio cadro celeste quen venceu á Milagrosa pola mínima no Cascabeiro. O gol de Xian resultou decisivo. Álvaro volveu liderar o medio do campo e Joserra (que substituíu a Abel por lesión na porta) evitou o empate cunha gran parada. Pola súa banda, o Fonsagrada madrugou para xogar o partido antes do forte da Feira do Butelo, pero viuse sorprendido polo Friol B. Na zona baixa, o Rioaveso e o Cazás empataron a dous goles.

No sur, o Paradela non puido ascender logo de empatar no seu partido ante o Río Sil. Adiantarse por dúas veces con goles de Esteban non lles chegou aos pupilos adestrados por Rubén Bergantiños. Javi levou o peso no medio do campo por parte dos locais e Canteiro no visitantes. Panizo efectuou un gran lanzamento de falta. David Abella do Paradela foi sancionado con oito partidos por, segundo o Comité de Competición, agarrar, empurrar, ou producirse mediante outras actitudes cara os árbitros.

A dous puntos do ascenso queda o Antas que derrotou pola mínima ao Relámpago Taboada. O monterrosino Cumbraos marcou o único gol do encontro. Un pouco máis descolgado dos dous primeiros queda o Castroverde que leva cinco empates consecutivos. Adiantouse dúas veces ante o filial do Taboada, pero os locais conseguiron darlle a volta ao marcador. O Castroverde empatou no tramo final. Seso, David Potente e Manu Vila destacaron no filial taboadense. Os visitantes notaron a baixa do gardamallas Rois. Afianza (con dous puntos de vantaxe) o seu posto de promoción ao Sober que amosou a súa superioridade diante do Lemos B. Luis e Jacobo guiaron o triunfo do cadro soberino.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*