Os lideratos cambian xornada a xornada na clasificación da Terceira Galicia. Desta volta só se mantén o mesmo no grupo centro. Adeamais un deses equipos que encabezan a clasificación fan historia o ser a primeira vez que está nesa situación.

No grupo norte, os equipos da Mariña dominan a categoría. O Celta Barreiros encabeza esta semana a clasificación despois de derrotar ao Cazás, empatado a puntos co Cervo que igualou ante o Catro Roldas nun duelo de altura. No derbi vilalbés, o Goiriz gañoulle ao Rioaveso que sumou a súa terceira derrota consecutiva a pesar de conseguir dous goles. Tamén o Muimenta venceu na súa visita a Celeiro por 2-4.

No grupo centro, o Corgo mantén o liderato despois de sumar a súa cuarta vitoria da temporada e cun partido xa de descanso. Gañou por un claro 6-0 ao Rábade, e o conxunto adestrado por Guti e Hugo segue sendo o menos imbatido da categoría, xunto co Guntín. Segundo é o Fonsagrada que leva dous triunfos consecutivos ao derrotar ao Friol B por 4-5 con cambio de marcador nos últimos minutos. A Comercial é terceira despois de golear ao Laxosa.

No grupo sur, o Relámpago Taboada fixo historia ao facerse co liderato do grupo por primeira vez. O conxunto adestrado por Diego Mejuto derrotou ao Becerreá FC nun encontro frouxo que lle serve para porse como líder ao descansar o Sober. O Río Sil é segundo despois de remontar con tres goles en 20 minutos o gol inicial do Paradela. E o Incio volveu o camiño da vitoria despois de facer un encontró moi serio e derrotar a un Quiroga que non lle chegou con que Jose se reencontrara co gol nin que Germán fixera dobre función no encontro, primeiro na defensa e despois na dianteira.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*