#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal

Os onces das semifinais da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

Achégase unha das grandes citas da tempada. Xa hai final da Copa da Segunda e da Terceira Rexional. O Roupar chegará como mellor equipo da zona norte. O San Lázaro da zona sur. A cita será este domingo ás 18h no Municipal de Outeiro. Enfriáronse as ansias de alg@ns que contaban con final no Anxo Carro. Ás portas quedaron a Comercial e o Lemos B. Ambos realizaron un gran torneo para compensar o menor nivel amosado durante o curso.

Na zona norte, reina nestes intres o Roupar. O cadro adestrado por Diego Dopico impúxose nas semifinais ante a Comercial no Rodríguez Lago. O conxunto xermadino adiantouse cedo. Pero na segunda parte Javi Saavedra empatou para os seus. Pouco despois apareceu un dos de case sempre. Esteban non fallou a súa cita co gol e desequilibrou un marcador que xa foi definitivo. A Comercial pecha así unha tempada na que descendeu por arrastres á Terceira Rexional. Pero destacou na Copa 2019. Superou catro eliminatorias; tres delas na quenda da penaltis. O Roupar buscará pechar unha gran campaña co título. O curso que vén avecíñanse cambios.

Na zona sur, manda o San Lázaro. O equipo da Ponte superou ao Lemos B nas semifinais. Adiantouse antes do cuarto de hora o conxunto celeste. Gol de Lucho. Na segunda metade marcou o segundo e definitivo tanto do encontró. O cadro preparado por Diego Rey continúa coa súa boa xeira. Entre Liga e Copa suma 16 encontros sen coñecer a derrota. Non perde dende a chegada de Diego. Pola súa banda, o Lemos B foi o representante da Terceira Rexional en chegar máis alto. Pecha con boas sensacións unha tempada irregular na competición doméstica. E xa está preparando a que vén.



Os onces das semifinais da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

Diario dun mercado. Episodio 105

Os onces das semifinais da Copa 2019 (2ª e 3ª Rexional)

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *