#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Os onces da 5ª xornada na Segunda

Primeiras cinco xornadas na Segunda Rexional. O San Ciprián non solta o liderado no norte. Alí o Celta Barreiros continúa sen perder. Mentres o Mondoñedo, o Iberia e o Abadín aínda non puideron festexar unha vitoria. No sur, dos tres líderes da semana pasada pasamos a dous. O Páramo e o Ferreira marcan o ritmo. O Paradela continúa invicto. O Brollón e o Bóveda son os únicos equipos que non gañaron ningún partido no que vai de liga.

No grupo norte, o Sanci continúa no máis alto. Volveu ao camiño da vitoria ante o Muimenta. O cadro visitante meteuse no encontro a media hora de xogo co gol de Fer. Pero no segundo tempo os locais ampliaron a vantaxe. A segunda posición é ocupada agora polo Xermade. O cadro xermadino leva tres vitorias seguidas. Venceu no derbi ao Roupar. O peor para os locais foi a lesión de Iván Carballeira xa no quecemento. Tamén conseguiu nove puntos de xeito consecutivo o Guitiriz. Colócase na terceira posición da táboa. Venceu a domicilio ao Cospeito por dous goles de diferenza. No regreso do adestrador José Carlos a súa casa. O porteiro Jesús foi xunto con Gato o único que non encaixou goles na xornada. Premiamos nos onces desta semana o traballo de Jesús por xogar como titular os 5 partidos que levamos de liga, a diferenza do gardamallas do Alfoz. Segue sen perder, pero baixou a 5ª praza. O Celta Barreiros empatou na Mina ante o Sporting Pontenova. Os locais fallaron ocasións claras. Tiveron que conformarse cun punto en plenos festexos do seu municipio.

Despois de dúas xornadas, volveu gañar o Cabreiros. Fíxoo no campo da Lomba ante un Meira que non tivo o seu día. No tren dos 8 puntos co Cabreiros, están a Candelaria e o Alfoz. O cadro da Rúa empatou na súa visita ao Municipal de Abadín. O cadro abadinense conseguiu o segundo punto do curso, pero polo de agora non foi quen de gañar. Pola súa banda o Alfoz derrotou no Ventiño ao Alfoz. Triunfo coral do equipo adestrado por Suso Martínez. A segunda seguida. No outro partido da xornada empataron dous equipos que polo momento só saben igualar. Andina adiantou ao Iberia; Iñaki empatou para o Mondoñedo. O cadro de San Miguel de Reinante saíu dos postos de descenso directo. Leva tres empates. Pola súa banda, o conxunto mindoniense conta 4 dos 5 encontros da tempada por empate.



No grupo sur, o Páramo continúa como primeiro clasificado pola diferenza de goles. O conxunto adestrado por Brais Vázquez derrotou ao Brollón. O gardamallas Raúl parou un penalti e Dieguito continúa no seu bo momento goleador. Marcou un hat-trick; os tres goles do seu equipo. Leva 8 goles. Igualado con Debasa na posición de máximos goleadores da categoría. Na segunda posición cos mesmos puntos atópase o Ferreira. Derrotou con claridade a un Becerreá que non estivo acertado. Polo momento non lle están saínda nada ben as cousas na súa casa. Tres goles de Rafa e dobrete de Julio para o equipo de Pantón. A terceira posición chega o San Lázaro. Derrotou con ampla diferenza goleadora ao Quiroga. Dobrete de Julio. Cadanseu gol dos irmáns Núñez Candal.

Tamén gañou con claridade o Palas. Venceu nos Chacotes ao Bóveda. Tres dos goles marcounos o centrocampista Iván. Foi unha boa xornada para o Incio. O cadro amarelo derrotou a un Corgo que se presentou con doce xogadores. O porteiro Sebas participou como xogador de campo. A conexión Urdi-Gayoso foi a protagonista dos dous primeiros tantos. O sexto clasificado é o Paradela. Único equipo do grupo que continúa sen perder. Desta volta igualou sen goles ante o Río Sil. Dous equipos recén ascendidos. No Río Sil estreouse na portería Cuba. Recuperou sensacións o Chantada B gañándolle ao Oural. Tamén logrou os tres puntos o Santa Comba. Venceu na casa ao Portomarín.



Os onces da 5ª xornada na Segunda

O partido en imaxes: SD Becerreá-Ferreira CF

Os onces da 5ª xornada na Segunda

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *