Comezou unha nova tempada na Segunda Rexional. O San Ciprián e o Chantada B son os primeiros líderes dunha liga que comezou con resultados de todo tipo. No grupo norte, dáse a casualidade que os dous equipos descendidos ocupan os postos de ascenso directo. 

Na zona norte, o San Ciprián derrotou nun duelo mariñán ao Alfoz. Ademais era un enfrontamendo entre un equipo que vén de descender e outro de ascender. O partido rompeuse no marcador ao cuarto de hora da segunda parte co segundo tanto individual de Aitor. Tamén Borja Mella comezou a competición regular con gol. Entrou con bo pé a Pontenova. Superou no seu campo a un dos grandes do grupo na campaña pasada, o Roupar. Tamén conseguiu unha vitoria o Meira. Aínda que máis axustada ante o Xermade. Comezaron gañando os locais. Remontou o cadro xermadino para unha posterior remontada dos pupilos preparados por Cuchi. O peor de todo foi a lesión de Diego Pellón que tivo que ser substituído na primeira metade. Unha lesión no xeonllo que agardemos que non sexa nada. Pola súa banda, o Muimenta volveu á categoría con vitoria. Foi como visitante ante o Iberia. Con dobrete de Prevesos incluido.

E gañou o Goiriz no derbi chairego ante o Cospeito. O Luis de Oleiros marcou os dous goles dos visitantes que finalmente serviron para o triunfo. Ademais o Celta Barreiros tamén se estreou con tres puntos ao seu favor. Venceu pola mínima fóra da casa ante a Candelaria. E na xornada houbo dous empates. Un con goles. O do Mondoñedo e o Cabreiros. Outro sen eles. O do Abadín e o Guitiriz. Co porteiro Cris como un dos protagonistas do choque.

Na zona sur, o primeiro líder é o filial do Chantada que gañou con comodidade ante o Bóveda. Con cadanseu dobrete de Novelle e Víctor. Segundo é o Santa Comba que tamén superou como local ao Brollón. Tamén venceu o Páramo ante o Becerreá. O cadro adestrado por Merino e Brais Vázquez foi superior. Bolo marcou un gran gol. O Palas superou pola mínima nun partido de cinco goles ao Río Sil. Junajo volveu comezar a temporada como sabe. Outro dobrete para a súa lista. O Portomarín venceu tamén pola mínima ao Incio. Nun partido con alternativas.

E o Quiroga estreouse ao grande. Venceu no San Martiño ao Oural. Tamén se apuntou os tres puntos o San Lázaro ante o Ferreira. Comeza a liga como rematou a temporada pasada, sen perder. Diego Rey continúa coa súa peculiar imbatibilidade en partido oficial dende que chegou ao banco da Ponte. Decidiu o gol de Yago Armesto. E o único empate da xornada foi entre dous equipos que se coñecen ben. Sobre todo por que se enfrontaran a semana antes na Copa Deputación. o Corgo e o Paradela igualaron a dous goles. Debasa volveu marcar ante o seu ex equipo.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*