Onte, primeiro de ano, coñeciamos a decisión final dos clubes lucenses da Preferente e a Primeira Galicia con respecto a competir na 20/21. Na provincia de Lugo, todos os representantes da Preferente Norte confirmaron a súa participación, mais na Primeira tan só 8 clubes apuntáronse para competir.

De acordo co plan da Federación Galega de Fútbol, os seguintes en ter que decidir serán os conxuntos da Segunda e a Terceira Galicia. Xa levamos varios días publicando opinións de clubes de todas as categorías, pero aínda non falamos dos equipos que conformaban o ano pasado o grupo sur da Terceira Autonómica. 

As opinións destas entidades son bastante similares entre elas, sendo a principal diferencia entre uns e outros que algúns néganse rotundamente a xogar, mentres que outros non pechan de todo a porta. Outros -os menos- decidirán de maneira conxunta cos seus xogadores.

Carballedo CF. Este ano non van competir porque consideran que non se pode facer frente ao que pide o protocolo a nivel económico e poñerán  a saúde ante todo. A directiva decidiu non competir. Sinalan que o ideal sería comezar en setembro, sempre que se poda.

CD Sober. A día de hoxe non pensar comezar pero segundo evolucione a pandemia non pechan a porta a competir.

Club Lemos «B». A súa decisión será consensuada co cadro de xogadores e dependerá do número de clubes que se inscriban.

Relámpago Taboada. A estas alturas ven inviable xogar, porque os negocios non recaudaron e son os que nos manteñen no económico. Pensan que en xaneiro virá outra ola de contaxios. Ademáis ven imposible que os xogadores comecen co frío e avanzada a metade da campaña. Porén, se tivesen que empezar, darían o imposible para comezar, pero sen estar a favor.

SD Castroverde. Teñen dúbidas. O modelo de competición non eles parece atractivos, a liga ten poucos partidos e desprazamentos inviables dada a situación. Se a federación cambia o modelo e achega unha proposta por cercanía, competirán. Así foi transmitido polos xogadores. A directiva considera que o primeiro paso é contar cos futbolistas.

O Castroverde celebra un ascenso despois de derrotar ó Monterroso B por 2-0 en 2017.

SD Monterroso «B». A postura do clube é extensible a todas as categorías, e en principio a idea é de non apuntarse en ningunha das categorías, nin Primeira nin Terceira.

SD Rubián. «Tal e como está a situación» ninguén no clube queremos saír competir. Sinalan que así non se pode.

Taboada CF «B». Móstranse partidarios de deixar pasar o verán e comezar unha temporada como as de sempre. Pensan que dada a situación que estamos a atravesar, non é o momento de pensar no fútbol.

Continuaremos a informar da actualidade dos clubes lucenses!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*