Unha semana máis os xogadores máis destacados da xornada teñen o seu espazo no once de Futbolinlugo. Unha xornada con dous derbis provincias, e con goleadas tanto a favor como en contra que acabou con tres vitorias lucenses e catro derrotas. A referencia segue sendo o Lugo B que volveu gañar e de novo por medio dunha goleada. Venceu 5-1 no derbi ante o Chantada con Pablo Rey, Javi Rey e o dianteiro Cuadrado (un dos que repite esta semana no once ideal) como xogadores máis destacados. O cadro de José Durán segue empatado co Laracha que marca postos de play-off. Ó filial albivermello aínda lle queda un duelo co conxunto coruñés, co que de momento ten o gol average perdido tras caer na primeira volta por 4-2. O Chantada encaixou a súa terceira derrota seguida e segue con dous puntos de vantaxe sobre a zona de perigo.

O Escairón foi o equipo que gañou o outro derbi da xornada, 1-2 ante o Viveiro. Dani Fernández, a pesar de fallar un penalti, e Aurelio foron os máis sobranceiros para o cadro de Cantarrana. Javi López e o decisivo Calo (que tamén repite por segunda semana) foron os destacados polo conxunto visitante. Con este resultado o Escairón é sétimo a catro puntos da promoción e o Viveiro queda tres puntos por debaixo na clasificación.

André do Lemos, Cuadrado do Lugo B e Calo do Escairón repiten por segunda semana consecutiva.

O Lemos cortou a súa mala xeira de resultados e venceu por 1-0 o Sofán con Erickson e André como xogadores máis importantes no equipo de Jorge Rodríguez. O Lemos respira desta maneira e colle una diferenza de seis puntos con respecto ó descenso. Non tiveron sorte o Ribadeo que rompeu a súa boa dinámica cunha derrota co Laracha, nin tampouco a Sarriana que perdeu por 1-0 na súa visita a Mugardos e queda nunha situación difícil, a seis puntos da salvación.

Comparte
                        

Sobre o autor Ver todos os posts

Iván Calaza

Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*