#Fútbol afeccionado #Preferente Futgal

Once da xornada 26 na Preferente Galicia

Os xogadores máis destacados da fin de semana teñen o seu espazo no once de Futbolinlugo. Unha xornada sen derbis, na que o fútbol lucense só tivo dúas vitorias. O Lugo B mantense en postos de ascenso despois da seu triunfo ante un rival directo como o Sofán. O equipo de José Durán venceu fóra da casa por 0-2 con Cuadrado, Duque (que foron os goleadores) e Cacharrón como xogadores máis sobranceiros. O Lugo B está a seis puntos da promoción de ascenso directo e empatado a puntos co quinto e o sexto clasificado. Pola súa banda, o Escairón derrotou por 3-1 ao Soneira e aséntase na zona media da táboa clasificatoria. Denis e Calo, con dous goles, foron os grandes protagonistas do enfrontamento no Muncipal do Saviñao.

Alberto do Viveiro repite no once ideal por segunda semana

Os conxuntos da Mariña perderon comba neste semana. O Viveiro perdeu na súa visita a Arteixo por 2-0 e queda a cinco puntos da promoción de ascenso. Á mesma distancia está o Ribadeo que non pasou do empate no Pepe Barrera ante o Mugardos. O conxunto da Mariña Oriental cortou a súa xeira de vitorias, aínda que segue na pelexa polo play-off.

Peores lles foron os enfrontamentos aos equipos da zona baixa. O Lemos continúa cos seus malos resultados e, a pesar de aguantar o empate ata os últimos minutos, acabou perdendo na casa do líder, o Noia por 1-0. Tamén perdeu o Chantada por 1-3 ante o Laracha e está dous puntos por riba da salvación pero en zona de perigo polos posibles arrastres. A Sarriana colleitou unha nova derrota ante un dos grandes da categoría, o Estudiantil por 1-4. O equipo da Ribela segue en descenso a seis dunha salvación que aínda pode estar máis lonxe se se producen arrastres de categorías superiores.



Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *