Ollo co Burela señores!!! Dende o cambio de adestrador parece outro. Os mariñáns asaltaron o feudo do Riotorto e venceron con comodidade (0-4), destacando o doblete de Maseda. Foi unha xornada na que os de arriba volveron fraquear. A excepción do todopoderoso líder. Da igual que non estiveran ben outra tarde máis. Suman de tres en tres. E iso que se encontraron cun gran Monterroso enfrente. O gol de Toro, decisivo, para abrir a lata. Foz e Outeiro firmaron a pipa da paz no Martínez Otero. Por alí sobresaíron dous xóvenes talentos que ademais son moi amigos fóra dos terreos de xogo. Samuel, que segue consolidándose no once do Outeiro. E Asier, pura clase na medular focense. Fillo do gran Burunda. A calidade vai nos xenes 😉

Outro que tamén caeu esta xornada foi o Valadouro. Atopáronse cun Bóveda que cada vez vai a máis. E en especial cun auténtico fenómeno no centro do campo monfortino: Caio. Xogador a seguir. Tomen nota. O gran beneficiado nesta zona nobre foi o Pastoricense. Os do Acebreiro xa son cuartos sen facer moito ruído. Unha tarde máis, Iñaki volveu ser decisivo. Dous goles para superar ao Taboada, un deles de moi bela factura. Outro dos que aproveitaron as circunstancias foi o Santaballés. Nico e Iago lideraron a ofensiva dos de Debasa para impoñerse a domicilio ao Chantada Atlético.

No derbi mariñán entre Xove Lago e San Ciprián, empate a un gol. Nos azulóns sobresaliu o de sempre: Borja Mella. A bon seguro que preguntarán por él os equipos da Preferente da costa luguesa. Apunten este nome de cara a un futuro culebrón do verán. E no cadro de Kiko Rey, unha das mellores zurdas da categoría: David Rivas. Ademais, o Páramo fíxose forte na casa ante o Chantada B. Dieguito, ao que retrasamos no noso once de posición ante a escaseza de defensas, brillou nos de Melenas. Por último, no duelo a vida ou morte da xornada o Antas saíu airoso. Xa non se recorda a última victoria da Milagrosa, que vai camiño dun novo descenso de seguir neste plan. Costa marcou o tanto do triunfo e Melendo convertiuse no gardián de Castro Seoane.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*