#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

O Polvorín golea en Abegondo e o Viveiro faise co derbi provincial

 

Xa en vísperas dunha nova entraga da Terceira, a oitava xornada déixanos o triunfo do Viveiro en Cantarrana no derbi provincial ante o Racing Vilalbés e a goleada do Polvorín en Abegondo ante o Fabril no choque entre filiais.

O Viveiro reencóntrase coa vitoria no derbi ante o Racing Vilalbés (2-0).

Encontro marcado pola intensa choiva que caeu sobre Cantarrana e impediu que o céspede estivera en boas condicións. Os mariñáns sumaron tres importantes puntos logo de non facelo desde a segunda xornada, mentres que os chairegos racharon a súa boa xeira de resultados, pero manteñen o terceiro posto na clasificación. Chusky deulle entrada a Dani Montes no lateral dereito e a Facu e Asier na liña de creación, mentres que Simón Lamas alineou de comezo tres centrais pra contrarrestar o potencial ofensivo viveirense.



O dominio na primeira metade foi alterno, aínda que o Viveiro tivo máis o balón e chegou con maís perigo á meta rival. A primeira ocasión tívoa Javi Rey, pero o seu disparo saiu lixeiramente desviado. Respostou o Racing cun tiro cruzado de Buyo, pero sen acerto. A falta de oito minutos para o descanso, Asier aproveitou un erro defensivo e serviu un bo balón a Facu, que definiu ante a saída de Javi Pita.

Tras o paso por vestiarios, Santi Gegunde entrou no sitio Muíña pero o Racing non mellorou as súas prestacións ofensivas, ante unha ordeada defensa viveirense. Nunha das únicas ocasións claras da segunda metade chegou a sentencia para o conxunto local, obra de Rolle ao culminar unha contra. Nos derradeiros minutos, Gerardo foi expulsado por dobre amonestación ao ententer o colexiado que simulara penalti.

O martes, o Racing Vilalbés recibe na Madalena ao Somozas, líder da categoría, mentres que o Viveiro viaxa ao Poboado para medirse a un As Pontes que vén de caer derrotado no campo do Fisterra.



O Polvorín golea ao Fabril en Abegondo no duelo de filiais (1-4).

Terceiro triunfo da temporada para un Polvorín que se coloca na sexta posición da táboa clasificatoria, e con tres encontros aínda por disputar. O vindeiro martes ás 12 horas na Cheda, na novena xornada, recibe ao Silva, que ven de acadar o primeiro triunfo da campaña.

Comezou o filial albivermello cunha presión alta, dificultado a saída de balón dun Fabril que comezou levando a iniciativa. Os de Valerón tentaron, mediante rápidas contras, buscar a espalda dos centrais lucenses, pero non tardou o Polvorín en recuperar o balón e comezar a facer o seu fútbol, entrando ben polas dúas bandas, con Martín e Expo como protagonistas. A ocasión máis clara da primeira metade tívoa Gabarre, que non atinou a rematar á saída dun córner.

Logo do paso por vestiarios chegou o carrusel de goles. Aos dez minutos un balón servido por Gabarre foi rematado por Jesús cun tiro cruzado ante o que nada pode facer Pablo Brea. Poucos minutos tardou en chegar o segundo. Antón Escobar serviu un bo balón a Cristian que non perdonou. O propio Escobar fixo o terceiro logo dunha gran xogada individual que rematou cun tiro cruzado lonxe do alcance do gardameta fabrilista. Os de Álex Ortiz, co marcador xa moi favorable cedéronlle o balón ao rival. Nunha das únicas ocasións dos locales chegou o tanto da honra, obra de Javi Sanmartín. Xa moi preto do final, o ex fabrilista Iago Novo fixo o cuarto e definitivo cun bo lanzamento desde fóra da área.

O Polvorín golea en Abegondo e o Viveiro faise co derbi provincial

O anecdotario: «E co dez… Aznar», por

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *