As primeiras semanas de agosto son as máis duras para os nosos xogadores, xa que comezan as pretemporadas nas que prima o traballo físico por riba de calquera outra cousa e ao que se xuntan as altas temperaturas que caracterizan a este mes!

Porén, sempre hai tempo para facer descansos ou, no seu defecto, de adestrar pero pasándoo ben. Unha desas oportunidades é a que ofrece a cuarta edición do trofeo de Fútbol Burbulla, que terá lugar o sábado 10 na praia fluvial de Baamonde, e que reunirá a concursantes de toda-las partes da provincia coa fin de pasar un bo día entre balóns e amigos!

O torneo realízase por cuarto ano consecutivo dado o éxito experimentado en anteriores ocasións. Dito éxito quizais sexa polo novedoso do campionato, xa que os xogadores atópanse dentro dunha burbulla, desde a que deben intentar perforar a portería rival. A inscrición aínda non está pechada, é de 30 euros por equipo, e a organización invita aos participantes a comer para fomentar a deportividade!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*