[themoneytizer id=»15360-28″

Seguramente poderia contar moitas máis anécdotas, porque o fútbol ten cousas boas e cousas malas, pero o que é certo é que podes ter historias que contar durante un par de sobremesas. A miña nesta ocasión vai ser relacionada co fútbol base, unha anécdota que sempre que coincido con Antonio Gómez a conta.

Eu era infantil de primeiro ano e xogaba no Casás, e xa anos atrás chamábame o Lugo por se quería xogar con eles, pero eu nunca lles dixera que si porque me gustaba xogar cos compañeiros. Ese ano a principio de temporada chamoume Antonio e convenceume para xogar o ano seguinte con eles, eu creo que era outubro nada máis empezar cando xa o tiña decidido e como xa lle dixera que SI a Antonio xa se centraron en ver a outros xogadores.

Ese ano sobre novembro lesioneme e empecei a engordar, pero como non tiñamos xogadores eu tiña que xogar igual e pasei así a maioría do ano. Lémbrome de que cara ao final de temporada fóranme ver Antonio e o director da canteira daquel momento (Quique Prado) e cando me viron aparecer Antonio non daba crédito. Eu non me movía  do medio do campo porque non daba corrido do que me doía a perna, pero eso eles non o sabían e fliparon en colores. Dicíanlle a Antonio: «como vas a fichar a ese que no se mueve del medio», menos mal que nese partido din dúas asistencias e Antonio non quedou tan mal.

A verdade é que seguro que calquera ao que o entrenara Antonio tera mil anécdotas para contar, todos os que tivemos a sorte que nos entrenara somos uns privilexiados.

Marcos González, xogador do CD Lugo «B» e amante do fútbol.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*