As notas da Segunda

A FIGURA: JOAO DA CANDELARIA
No minuto 87 do partido a Candelaria perdía 3-4 ante o Pol. No minuto 90 gañaba 6-4. Entre medias, 3 goles de Joao Gomes.
O ÁS: FERNANDO DO GARABOLOS
A pesar de que o Garabolos gañou o seu partido contra o Becerreá por 1-4, o porteiro Fernando González foi un dos grandes destacados do partido con boas paradas.
NIN PÉ CON BOLA: SDC SAN LÁZARO
O San Lázaro encaixou unha dura goleada contra o Residencia "B" por 7-1. Aínda así, o equipo lucense está facendo unha boa tempada. É sexto clasificado con 30 puntos.
DEMASIADO INTENSO: HÉCTOR DO OURAL
Héctor Goyanes foi expulsado con vermella directa no partido contra o Brollón. O Oural caeu por 1-2 e é noveno clasificado con 21 puntos.
Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*