#Fútbol afeccionado #Primeira Futgal

Miguel Sancosmed (Xove Lago): «O obxectivo é renovar a columna vertebral do equipo»

Unha das sorpresas agradables desta temporada en Primeira Autonómica foi o Xove Lago. Cun pasado glorioso, con varias fases de ascenso, o equipo viña de realizar unha discreta temporada 2016/2017 aos mandos de Kiko Rey.

A finais de xullo, e xa coa confección da plantilla adiantada, unha decisión de mutuo acordo entre o preparador viveirense e o clube, sitúa a este de novo nos equipos de base e colle as rendas do equipo en Primeira Autonómica Miguel Sancosmed. Nos últimos días ven de confirmarse a súa renovación por unha campaña máis, logo de devolvela ilusión á afección xovense, callando unha moi boa temporada.

Desde Futbolinlugo quixemos falar con Miguel Sancosmed, do presente e do futuro do Xove Lago.

FUTBOLINLUGO: Xa é oficial a túa continuidade no banquillo do Xove Lago. Como foi o acordo de renovación?



MIGUEL SANCOSMED: Concretouse o pasado venres, aínda que xa o viñamos falando nos últimos tempos. Non houbo ningún problema, as dúas partes tiñamos intención de continuar e non surxiu ningunha complicación.

«A pouca profundidade de plantilla lastrounos, tivemos que reducir un día de adestramento e facíamolo con moi poucos efectivos»

FIL: A temporada que remata raiastes a gran altura, logo de que a pasada fose moito máis irregular.



MS: Si, sen medo a equivocarme creo que se pode considerar como moi boa esta temporada. A pesares de que a miña chegada foi un pouco precipitada e coa plantilla xa case feita, e que logo non se puido reforzar por diversos motivos, a verdade é que moi contentos e orgullosos de como foi este ano. Sempre queda a dúbida de como podería ser si tivésemos un plantel máis amplo, pero agora xa non merece a pena darlle máis voltas.

FIL: Ademáis a lesión de Pablo Rego e a baixa de Aitor lastraron aínda máis a curta plantilla que tiñades

MS: Si, está claro. Cando eu cheguei xa comentara coa directiva que necesitábamos máis xogadores, pero non foi posible fichar, e despois do Nadal con estas dúas baixas quedamos en cadro. Notámolo sobre todo á hora de adestrar, tiñamos que facelo con moi pouca xente e incluso tivemos que reducir un día. Ao final lastrounos o aspecto físico, xa que non poidemos rotar e os xogadores xa sabían de domingo en domingo que ían xogar, e a pesar diso demos a cara en tódolos encontros. É un mérito enorme da plantilla.

A lesión de Pablo Rego mermou a plantilla do Xove Lago mediada a temporada

FIL: O baixón chegouvos en Xaneiro e logo voltastes a acadar moi bos resultados

MS: O partido clave foi o que perdemos en Ferreira de Pantón, que era un encontro aplazado. Sen facer un mal encontro non logramos sacar nada positivo e a partir de ahí collemos unha racha negativa, entre lesións, sancións e o baixón físico…pero bueno, estaba claro que tiña que chegar. Pero voltamos a poñermos as pilas, e acadamos de novo un bo nivel para poder competir cada partido, e non fomos inferiores en practicamente ningún encontro.

«Un obxectivo claro é manter un grupo unido como ata o de agora»

FIL: Que obxectivos vos marcades para a vindeira temporada?

MS: Os obxectivos marcaranse en función da plantilla que logremos confeccionar. O noso primeiro reto é renovar a columna vertebral do equipo, e partir de ahí temos que fichar, é imprescindible para ter un equipo competitivo durante toda a temporada. Eu non me vou conformar, se este ano logramos ser quintos, o próximo tentaremos facelo mellor, pero todo virá en función do plantel que sexamos capaces de ter. Son consciente de que non é fácil fichar, na Mariña somos moitos equipos e o mercado é limitado.

FIL: Imaxino que a renovación de Diego Chao e Juanjo serán obxetivos prioritarios. Levan 50 dos 54 goles do equipo esta temporada.

MS: Está claro. É un parella determinante en ataque. Non será fácil, pero vexo predisposición para a renovación. Se o logramos serán fundamentais lóxicamente na parcela ofensiva. Pero ademáis temos outras posicións que reforzar. Un obxectivo claro é manter un grupo unido como o é ata o de agora.

31 goles en outros tantos encontros. Son os números de Juanjo esta temporada

FIL: A falta de saber os equipos que compoñerán a Primeira a vindeira campaña, parece claro que o nivel pode ser superior ao que houbo este ano.

MS: Si, cada ano está a ser máis dura a categoría. Temos que agardar, pero xa cos descensos de Escairón e Outeiro de Rei, e posiblemente poda haber outro de Residencia ou Viveiro, e sumados aos equipos que xa hai como o Lemos ou Chantada que van estar arriba seguramente o nivel será moi alto. Ademáis os equipos que suben de Segunda van dar moita guerra, Burela, Friol e Pol van ser equipos moi competitivos. O noso obxectivo é dar guerra e facer unha boa plantilla para quedar o máis arriba posible.

FIL: Primeiro tentaredes rematar esta temporada con bo sabor de boca. Recibides ao Riotorto, outro equipo que fixo unha gran campaña.

MS: Queremos rematar quintos. Sabemos que cun empate lográmolo e ese é o obxectivo. Sempre é bonito rematar ben e se pode ser conservando este meritorio posto moito mellor.

Miguel Sancosmed (Xove Lago): «O obxectivo é renovar a columna vertebral do equipo»

O partido da xornada . . .

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *