*Taboada-Monterroso: Táboas nun derbi no que o fútbol máis vistoso fabricouse na primeira metade. O Monterroso adiantouse tras unha boa posta en escena na Medela. Porén, o Taboada igualou nunha acción a balón parado antes do descanso. As alternativas do primeiro acto deron paso ás dúbidas nos últimos metros na reanudación. O choque perdeu en calidade e o marcador non se moveu máis.

*Burela-Folgueiro: Meritorio punto do Folgueiro na Marosa. As forzas igualáronse no derbi mariñán. De feito, a primeira parte resultou bastante aburrida e sen apenas ocasións. Agás un posible penalti para os visitantes e un longueiro dos locais. Ao comezo da segunda metade, os de Jaime Méndez asinaron dous goles. E nin moito menos, foron definitivos. A lección de coraxe do Folgueiro e as confianzas do Burela trouxeron de novo o empate. Kiños firmou un doblete para un conxunto de Jandri Rego, que arriscou para atopar o seu premio.

*Xove Lago-Pastoricense: Claro dominio do Xove Lago, que se impuxo a un Pastoricense que marcou no primeiro erro do rival. Os de Bruno puideron golear antes do descanso, porén marcharon cunha mínima vantaxe no marcador. Doblete de Samu incluido. Tralo paso pola zona de vestiarios, o volume ofensivo dos mariñáns viuse reducido. E a sentenza definitiva fíxose agardar ata as postrimerías do encontro.

*Santaballés-Guntín: Triunfo para a confianza dun Santaballés que quere escalar na clasificación. Os de Moirón traballaron e moito os tres puntos ante un Guntín que se marchou da Liga coa sensación de ter merecido algo máis. Os de Martín Rodríguez viron como o colexiado lle anulaba dous goles e a sentenza dos chairegos chegaba cun tanto en propia meta. A efectividade branquiazul marcou as diferenzas ante un Guntín que tivo as súas oportunidades, especialmente na segunda metade. Unha reanudación na que o Santaballés xogou máis de corenta minutos en inferioridade numérica.

*Lourenzá-San Roque: Un solitario tanto de Ánder de falta directa deulle un triunfo moi sudado ao San Roque. Os capitalinos marcaron ao cuarto de hora de xogo e souberon sufrir ante un Lourenzá que coqueteou seriamente co empate antes do descanso. No comezo da reanudación, os verdibrancos perdonaron varias oportunidades claras para finiquitar o partido. E deixaron con vida aos de Diego Rego, que morreron matando. Encerrando ao seu rival en área propia e aguantando algunha cornada perigosa á contra. Todo para rematar afogando na beira e sen puntos.

*Outeiro de Rei-Chantada: Respecto máximo entre aspirantes. O Chantada saiu con tres defensas e dous carrileiros para estragar o xogo ofensivo do Outeiro de Rei. Os de Josito Jul mudaron de esquema mediada a primeira parte e sentíronse algo máis cómodos. Iso sí, as oportunidades seguían sen chegar. Ambos equipos dispuxeron dalgunha opción illada. No entanto, os afeccionados do Municipal marcharon para as súas casas sen goles.

*Riotorto-Pol: Alegría na Veiga para un Riotorto que fixo arte dos balóns á espalda e ás segundas xogadas. Guiados por un Diego Núñez imperial na medular, os de Suso levaron o triunfo ante un rival que lle custou entrar no encontro. Samu fixo o primeiro da tarde antes do descanso e os locais aumentaban a vantaxe á volta dos vestiarios. Nos últimos corenta minutos, os de Fernando Corredoira melloraron as súas prestacións. Cambiaron varias cousas despois de falar no descanso e metéronse no encontro de cheo cun gol de Nico a balón parado. Un tanto insuficiente pese a crear bastante perigo.

*Friol-Chantada Atlético: Pesca en río revolto. O Friol rescatou un punto nun encontro no que perdía por 0-2 no minuto 87. Os de Jon Vázquez atopáronse moi incómodos durante gran parte do partido. Así o explican os tres cambios no descanso e as dúas variacións de sistema feitas polo técnico local. Unha contra e un bo testarazo parecían levar un triunfo moi necesario para Chantada. Porén dous goles en trinta segundos, un deles moi protestado, deixaron o combate en táboas. Aínda así, Alberto evitou a vitoria visitante cunha soberbia parada a Adrián cando o duelo xa morría.

*Castro-Atlético Escairón: Sufrido triunfo do Atlético Escairón no Arturo Pereiro. Os de Montoto mandaron nun primeiro tempo no que o colexiado lle anulou un gol ao local Dani. Ao comezo da segunda metade, un testarazo de Cristian converteuse no único tanto do partido. O Castro ofreceu unha gran reacción final porén a defensa do Saviñao e unha soberbia intervención de Macía, levaron os tres puntos cara ao sur da provincia. A mala nova do encontro foi a lesión de Toti, que estará varias semanas afastado dos terreos de xogo.

Comparte
                        

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*