#Fútbol afeccionado #Terceira RFEF

Marino (Racing Vilalbés): «Chego ao clube indicado para seguir medrado»

Era unha das pezas máis codiciadas do mercado na nosa provincia. José Castro Vilarín «Marino» (Meira, 24/01/1991) deixou Cantarrana por motivos laborais unha vez acadado o ascenso co Viveiro. Pero tiña a Terceira entre cella e cella e o Comandante retorna á orixe e xogará no clube no que se formou: o Racing Vilalbés.

FUTBOLINLUGO: Días intensos para ti logo de casar na fin de semana o luns faise oficial a túa fichaxe polo Racing Vilalbés.

MARINO:  Si, foron días moi intensos, sobre todo pola boda. Na situación na que estamos, estivemos nerviosos e con medo, pero saiu todo xenial.

FUTBOLINLUGO: Como foron as negociacións co Racing? Valorache outras opcións ou pesou máis volver a xogar en Terceira?



MARINO:  A verdade é que foron breves. Desde que me chamaron non o pensei moito. Volto ao clube no que me formei de cativo e estou encantado.

https://www.instagram.com/p/CEj1hieBbQ9/?utm_source=ig_web_copy_link

FUTBOLINLUGO: Logo do teu paso por Castro e Viveiro retornas á Madalena xa con moita experiencia. Que agardas desta etapa?



MARINO: Espero que sexa unha etapa bonita e ilusionante, a pesar do Covid. Chego coa experiencia dun ano en Terceira co Castro e de facer dous anos moi bos en Viveiro, o último acadando o ascenso. Creo que chego ao clube indicado para seguir medrando.

FUTBOLINLUGO: As fichaxes do Racing Vilalbés para este novo ano danlle un plus ao equipo. Que papel cres que xogara o cadro chairego nesta nova Terceira?

MARINO: Agardo e desexo que coa plantilla que confeccionou o clube este ano podamos pelexar polos postos de arriba. Traballo e ilusión non van faltar.

FUTBOLINLUGO: Veñen de confirmarse dous subgrupos de doce equipos, con tres ascensos e oito descensos. Será unha Terceira con moi pouco marxe de erro para non verse en apuros.

MARINO: A verdade é que si. A marxe é pequena, pero tamén está ben para que non nos relaxemos. Sabemos que temos que saír a tope cada domingo, independentemente do rival.



FUTBOLINLUGO: Na última temporada acadache o ascenso co Viveiro, ao que te enfrentarás esta temporada. A que se debeu que non continuaras en Cantarrana?

MARINO: En Viveiro tratáronme xenial desde que cheguei alí. Non renovei por un tema de traballo. É unha viaxe longa desde Lugo e non podía saír a tempo para ir adestrar. En Terceira se non adestras é imposible competir por un posto os domingos.

Marino coa camisola do Viveiro en Cantarrana diante do As Pontes

FUTBOLINLUGO: Que papel cres que realizará o Viveiro no ano do seu retorno a Terceira tantos anos despois?

MARINO: Desexo que fagan un gran papel e podan acadar a permanencia sen problema. É un clube que por historia, e sobre todo polos bos amigos que teño alí, merecen estar na Terceira galega.

FUTBOLINLUGO: Eres optimista para o comezo da competición en outubro? Cres que os equipos de Terceira poderán seguir os protocolos marcados pola pandemia do Covid-19?

MARINO: A estas alturas son algo máis optimista. Se me preguntas fai un mes diríache que non ía haber fútbol afeccionado este ano. A verdade é que o Covid non é ningunha broma e todos temos que ser respetuosos e ser conscientes da realidade.

Marino (Racing Vilalbés): «Chego ao clube indicado para seguir medrado»

O fútbol volve á provincia polas San

Marino (Racing Vilalbés): «Chego ao clube indicado para seguir medrado»

Diario dun mercado. Episodio 192

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *