O balón está rodando por case que todos os campos da provincia en cadansúa competición no fútbol afeccionado e dende Futbolinlugo seguimos buscando o noso espazo para entreter e informar do que nos compete. A partir do vindeiro luns iniciamos unha colaboración semanal co programa de deportes da Cadena SER Lugo, Ser Deportivos, dirixido e presentado por Sara Meijide.
📻 Marcos Fernández (@chankli) faino oficial con @sarameijide. Todos os luns repasaremos a actualidade do fútbol provincial nas ondas de @radiolugoser#FutbolinlugoNaRadio pic.twitter.com/Waq15fBw2K
— Futbolinlugo (@futbolinlugo) September 21, 2018
A través das ondas comentaremos o máis destacado da fin de semana nas categorías afeccionadas do noso fútbol. Poñendo o foco de atención na Terceira División, na Preferente e no fútbol feminino. Ademais, haberá oco para aqueles detalles salientables que se prodruzan en calquera outra categoría do fútbol provincial. A partir de agora, todos os luns durante a emisión do Ser Deportivos (15:20 – 16:00 h) o fútbol provincial tamén estará no aire.
A colaboración foi presentada esta tarde durante a propia emisión do programa. Escoita á carta ao noso compañeiro Marcos Fernández no Ser Deportivos deste venres no seguinte enlace (no 35:30): Ser Deportivos Lugo (21/09/2018)