Chegou o verán para as nosas guerreiras. A participación dos clubes lucenses de fútbol feminino nesta 2016/2017 rematou este fin de semana coa final de Copa disputada pola SD Antas ante o Mos. Futbolinlugo fai hoxe unha síntese da temporada das xogadoras.

O clube máis destacado esta temporada foi o Peluquería Mixta Friol. Presidido por Ángel Villar, o conxunto xoga na Segunda División do noso fútbol na que, cada ano, as rapazas son un referente na parte alta da táboa. Non foi menos na 2016/2017, rematando en quinta posición, pero a tan só dous puntos das terceiras clasificadas.

Tamén a SCD Milagrosa desempeña un bo papel todos os anos. Un equipo integrado na súa maioría por xogadoras moi novas, que compite na Primeira División Galega, concluíu a campaña na oitava posición. Moi bo traballo o realizado polo clube de Frigsa.

Cómpre destacar o papel da SD Antas. A pesares de formar parte dunha entidade humilde, as guerreiras do Castro Seoane obtiveron a sexta posición na Segunda División Galega, na que se enfrontan a grandes clubes como o Ural ou o Imperator da Coruña.

Plantel da SD Antas.

Iso en canto ao papel nas distintas ligas. Chega o turno das copas, nas que diferenciamos entre tres: a Copa Deputación de Lugo (disputada entre Friol, Antas e Milagrosa), na que venceu o Friol na final ante a SD Antas, a Copa de Primeira División, na que participou unha Milagrosa que caeu en cuartos de final ante o Victoria de Santiago, e a Copa de Segunda División, na que a nosa representación, a SD Antas, caeu na final ante o Mos (0-1).

Agardamos que os próximos anos chegen cargados de éxitos e alegrías (ou más, se cabe) como este!!!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*