A Terceira División trata de ir poñéndose ao día. A pasada finde estivo destinada a xogar varios dos partidos que os equipos tiñan pendentes. Aí tamén houbo oco para os #LucensesNaTerceiraGalega. E este mércores xogáronse tamén citas con representantes da provincia:
Bergantiños 0-0 As Pontes: Iago López volveu ser da partida no conxunto de Carballo. Xogou todos os minutos. No cadro pontés, o gardamallas Brais Vázquez segue agardando a súa estrea dende o banco. O quinto empate da tempada para o Bergan sérvelle para ser un pouco máis líder. Agora xa está ao día na clasificación e sácalle cinco puntos ao Somozas. O As Pontes está dando a talla nas últimas xornadas. Conseguindo puntos ante rivais da parte alta. Dende que Chollas chegou ao banco, puntou en catro dos cinco partidos xogados.
Fabril 0-0 Silva: Xusto volveu xogar co Silva, logo de non ter minutos na fin de semana ante o Estudiantil. O conxunto silvista trata de volver coller ritmo de competición logo dunhas semanas parado por mor da incidencia da pandemia. Aínda ten dous partidos por xogar. Das citas co Fisterra e co Viveiro pode depender a súa salvación directa


Na finde…
Duelos estelares con presenza lucense:
Na zona sur, o Arenteiro afianzou a súa posición cabeceira. Venceu por 0-2 ao Ourense CF no Couto e complicou as esperanzas do conxunto ourensán. No encontro volveu ser protagonista Víctor Eimil. O xogador vilalbés marcou unha semana antes o seu primeiro gol a favor en Terceira. Esta finde repetiu e puido marcar máis. No minuto 51 marcou o segundo e último gol do duelo. Pegoulle de primeiras cruzado a un centro dende banda esquerda. Pouco despois puido marcar un tanto máis. O seu disparo petou no longueiro.

Eimil foi precisamente un dos destacados da xornada en Futbolinourense. O conxunto do Carballiño segue líder e mantese con paso firme para ser un dos equipos que loite polo ascenso a Segunda B. Pola súa banda, Julio Delgado xogou sesenta minutos no Ourense CF. Foi a súa terceira titularidade. Está no grupo dos que loitarían por evitar o descenso. Pero tamén a cinco puntos da zona de máximo privilexio.
O encontro no Couto estivo arbitrado polo colexiado Jesús López Fernández. Asistido nas bandas por Adrián López Bermúdez e Adrián Fernández Teijido.
Na zona norte, xogouse un dos grandes partidos que aínda non se puidera desputar esta tempada. Enfrontáronse os dous primeiros clasificados. O Bergantiños venceu ao Somozas. O central Iago López xogou todo o partido no cadro de Carballo. Pola súa banda, Aldán Naval tivo minutos no segundo tempo polo Somozas. Entrou no minuto 79 no canto de Alberto Leira.
O partido con máis lucenses:
O Viveiro recuperou o seu duelo ante o Fisterra. Fíxoo cunha vitoria importante en Cantarrana. Trece xogadores da provincia vestiron a celeste ao longo dos noventa minutos. O protagonismo goleador tamén foi para lucenses. Rolle marcou o seu terceiro tanto deste curso. E o capitán Xaime fixo o cuarto da tempada.
Catro lucenses xogaron no Polvorín 0-0 As Pontes. Ángel Fraga, Martín, Dani Vidal e o regreso do capitán Marcos ao once titular. No conxunto pontés Brais Vázquez estivo no banco de suplentes. O seu compañeiro na portería Bugy foi un dos protagonistas do encontro.
O Arzúa conseguiu un triunfo importantísimo pola mínima ante o Fabril. Del formaron parte Álex Vázquez e Pedro Delgado. Os dous estiveron presentes sobre o Viso os noventa minutos. Na convocatoria tamén estivo Brais Prieto, aínda que novamente non gozou de minutos. O xogo estivo arbitrado por Jorge Méndez López. E asistido nas bandas por Alberto Blanco Méndez e Jesús Adán Gallego.
Máis lucenses triunfan no sur:
O Arousa tamén recuperou o seu duelo ante a UD Ourense. O cadro local impúxose na Lomba (2-0). O lucense Ross volveu ser da partida e xogou todo o encontro. O colectivo de Vilagarcía segue segndo a tres puntos do Arenteiro. Continúa sendo un candidato a pelexar polo ascenso.