Os equipos lucenses chegan con forza esta campaña, pero tamén apuntan alto os nosos xogadores. É o caso de Ruchi, ex do CD Castro, que asina polo Paiosaco de Terceira División.

Na Preferente, o Viveiro anunciou as fichaxes de Miguel Dias, central que xa estivo vinculado ao clube de Cantarrana, e de Agustín, extremo salido das categorías inferiores do CD Lugo. Asemade, semella que o irmán de Miguel, Edu Dias, tamén se convertirá en xogador celeste nos próximos días.

En canto á Primeira Galicia, o Club Lemos asinou a Cándido Fabio López Filomena, procedente do Ferreira. A competencia nesta categoría virá da man de, entre otros, a SD Pol, que vén de anunciar as incorporacións de Cristian Barro Rodríguez (procedente do Abadín CF), Rubén Rodríguez da Silva (ex do Sporting Lucense), Alejandro Rois Carroceda (quen chega desde o San Roque) e Iván González Rodríguez, que deixa o CD Castro.

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*