O Castro comeza a coller forma. Alberto Rey renovará por un conxunto que adestrará un clásico da provincia. Gonzalo Edrosa pai regresa aos banquiños con ilusión. E cunha tarefa complicada. Lograr a permanencia dun cadro de xogadores, que aínda hai que conformar. Pero xa se sabe, a experiencia é un grao. Na escadra do seu fillo, o Racing Villalbés, puidemos ver estes días varias caras novas que están a realizar a pretemporada. Buscando convencer a Juan Peón. Ao xa citado Samu, uníronse Pereiro e Vizoso (Outeiro), o lateral Álex Vázquez (Residencia) e Diéguez (Negreira e con pasado nas categorías inferiores do Lugo).

Tamén se están a mover no sur da provincia. O Relámpago Taboada incorporou un par de xogadores. E pensa aínda nunha ou dúas fichaxes máis. Borja Mourenza, con pasado no Taboada e no Chantada Atlético; e Brath (exxuvenil do Chantada), súmanse ao proxecto do Relámpago. Pola súa parte, Raúl causa baixa. Por outra banda, temos o pan de cada día. Nova fichaxe no interesantísimo e novidoso Carballedo: Sara Fernández. No Chantada B, causan baixa Adrián e Pablo. Mentres que incorporan a Rubén González, procedente do Rodeiro.

Por último, un par de apuntes. Dani Renda, un dos capitáns do Polvorín, deixa o clube capitalino. O seu futuro coñecerase nos vindeiros días. E deixámosvos a pretemporada do Monterroso:

2A: Sarriana-Monterroso

8A: Monterroso- Lugo DH Xuvenil

10A: Lemos-Monterroso

17A: Monterroso-Chantada Atlético

21A: Piloño-Monterroso

23A: Monterroso-Chantada

25A: Cuadrangular Alibós con Monterroso, Taboada, Palas e Antas

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*