A Comercial contará con equipo feminino a próxima campaña. Contan xa con dez xogadoras confirmadas e o técnico será Vivian Dors, antigo preparador da Milagrosa. No ámbito de novidades, Julio Camba volta á casa. O central do Viveiro xogará co Racing Villalbés en Terceira División. Outro que regresa é Josito. O menudo mediocentro vestirá de novo a camisola da Sarriana. Vén dunha grave lesión co Lugo B pero a súa calidade e entrega é innegable. Grandísima incorporación para os de Alberto López. Ademais, o Río Sil ten novo porteiro: o cubano Adrián Ruiz. E Uxía Vázquez convertiuse na oitava xogadora do Carballedo. Outro que se reforzou foi o Chantada Atlético. O dianteiro Cristian Cabo, ex de Cea, Peroxa e Amoeiro, meterá agora os goles para os branquivermellos.

No capítulo de baixas, unha moi destacada. O Lemos perde a Diego Quiroga, que colga as botas. E falando xa de renovacións, o Páramo seguirá con dous dos seus pilares en defensa: Álex González e Bryan. Víctor Vidal prolonga o seu vínculo co Portomarín e Adri fai o mesmo co Mondoñedo. Por último, coñecemos a pretemporada da Sarriana:

21X: Sarriana-Lugo B

28X: Sarriana-Lugo xuvenil Honra

2A: Monterroso-Sarriana

5A: Atlético Escairón-Sarriana

7A: Taboada-Sarriana

11A: Riotorto-Sarriana

16A: Chantada-Sarriana

19A: Triangular en Monforte de Lemos (UD Ourense, Lemos e Sarriana)

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*