Na nova edición do noso diario dun mercado chegamos con novas na Preferente Norte. E bastante destacadas. Rafa Casanova, ata agora xogador do Ribadeo CF, pasa a ser o adestrador do equipo mariñano tras a marcha do Pepe Barrera de Fiz.Tamén hai novidades na Primeira Galicia. Juanjo Coello, xogador do Xove Lago, anunciaba onte nun vídeo ao estilo de futbolistas de primeiro nivel a súa renovación co conxunto verde. No que respecta á parte sur da provincia, Roberto Rielo toma as rendas do Monterroso de cara a un ilusionante ano, e Adrián Armesto renovou como xogador do Club Lemos.

 

 

 

 

Rafa Casanova deixará de adestrar ao Friol para encargarse do Ribadeo.

Saltando á Terceira Galicia, o equipo con máis movemento de fichas polo momento está a ser o Celta Barreiros. Nos últimos días, anunciaron as fichaxes de Hugo -procedente do CD Foz xuvenil- , Iván -quen xa vestiu a camiseta celeste na temporada 2015/2016- e Aarón, cuxo último clube foi a SD Burela.

E igualmente respectivo á Terceira Galicia, a Delegación de Lugo da Federación Galega de Fútbol anunciou unha reunión para todos os equipos militantes nesta categoría, que terá lugar o día 4 de xullo na sede da Delegación (Av. Breogán, 37, Lugo). O obxectivo da xuntanza será a determinación do formato que seguirá a liga na temporada 2018/2019, aceptándose propostas desde os distintos clubes que serán debatidas en conxunto.

 

Se algún quedou con curiosidade, aquí está o simpático vídeo de Juanjo Coello!

 

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Santi Real

Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*